Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As sensacións que se perciben nos taboleiros son innumerabels, a ledicia que se sente non se pode desceiber, non hai sensación terreal que te leve por ise camiño máxico de liberdade que se dá ao interpretar.

Despois de varios meses completamente desconectado das redes sociais, coidando de asuntos persoais e de paso coidándome e mimándome, que boa necesidade tiña.
Decateime do ben que me está facendo a madurez, a tranquilidade e a paz interior.
Quero desexarvos a todos un Bo Nadal.
Papá Noel vainos travestir.
Foto; Jesús Figueroa
Vestiario; Manuel Díaz
Maquiaxe e perruquería; eu mesmaMilleiros de grazas ao Concello de Arteixo por deixarme o teatro unha vez máis.
Recollendo información e documentación pra o meu livro (que xa teño unha morea adiantado) aparece ista foto, se mal non lembro, é do segundo espectáculo que fixemos no cuarto dos Lolo en pleno centro de Chueca (Madrid) do meu gran amigo Manolo Palacios, gran amigo non só meu, tamén da miña familia.
Esta foi unha das grandes etapas da miña vida e sobor todo da aprendizaxe. Tiña 21 anos. Por se alguén non se decata, son a morena da dereita. Coa fermosa Carlota, Nacha e La Pepa (o xamón de Alcobendas. Facendo a Corte do Faraón, así comezabamos o espectáculo cada noite.
Eiquí tes outra xoia e unha gran historia que abordará outro capítulo das miñas memorias. A noite a gran Lola Flores veu a ollar o noso espectáculo con tódala súa familia. E o que pasou meses despois (por sorte pra min) Máis haberá que agardar un pouco pra lelo.