Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

696 39 42 45
Mr. Kamándula é unha banda de rock en galego mesturado con algunhas versións de hard rock ou heavy-metal clásico.
Hai un lustro cinco rapaces de Cerceda, berce do rock en galego, crearon unha banda… ou unha personaxe chamada Mr. Kamándula.
O Mr. Kamándula fai rock en galego, por veces cocido a lume lento e outras cru e sangrante.
O Mr. Kamándula, por circunstancias da vida, tivo que venderlle a ialma ao demo nun tempo pasado, pero agora, cargado de enerxía, ven disposto a recuperala pagando con rock ben feito.
O Mr. Kamándula é un tipo capaz de facer temas propios tanto de protesta e denuncia social, como de noites de esmorga e diversión, ou de amor.
O Mr. Kamándula é: Alberto Dubra (guitarra e voz), Alberto Salas (guitarra), Brais Veiras (guitarra/baixo itinerante), David Moss (baixo), Luís Vázquez (batería)
O Mr. Kamándula déixase ver nas redes sociais: https://www.facebook.com/mrkamandula e https://www.instagram.com/mrkamandula