Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Paris Joel
27 de Marzal ás 00:59 ·
Obituario
Jean Daniel Bercher
O pasado venres, 26 de marzo, ao firmamento dos grandes do Blues uníuselle unha estrela máis, o músico sadense, Jean Daniel Golaz Bercher, nado ás beiras do lago Léman, na Avenue deas Baumes 6 da Tour de Peilz, Suíza. Foron 76 prolíficos anos cheos de amor, Blues, música e paixón.
Jeanda, coma lle coñecemos os amigos, fíxose veciño de Sada polo ano 1997 seguindo o rastro do seu amor e actual parella, Caché. Atrás deixaba unha atarefada vida de músico e unhas xiras que xa lle cansaban.
O seu primeiro grupo, “Lles Espadons”, data do ano 1960, chegando a ser unha das mellores formacións do rock instrumental suízo, un estilo que azoutaba Europa da man de The Shadows. Jeanda, ademais de tocar maxistralmente a guitarra, falaba catro idiomas (inglés, francés, alemá e castelán) era arranxardor e compositor, o cal lle levou a formar outras formacións como, ” Farinet, Champéry” en 1964, “Lles Clandestins” no ano 1967, ou ” Série X”, 1985, co que gravou no seu Vevey natal, ” Pars”, e, “Mon Ile”, dous das súas composicións máis famosas. Na súa dilatada carreira coma músico chegou a gozar da amizade de grandes mitos do Rock e do Blues coma Keith Richards, Javier Vargas ou o mesmísimo Eric Clapton, co que tocou en varias jam sesions, de feito, unha das súas Fender foi un agasallo do Deus da Man Lenta.
Viaxeiro infatigabel e amante irredento da vida, abandonou a súa localidade natal, a súa vida de funcionario e as súas xiras de músico, por amor, recalando, xunto á súa muller, no pobo mariñeiro de Fontán, en Sada, mais o seu retiro foi unha segunda vida cunha nova aposta pola familia, os amigos, e, coma non, de novo, pola música.
En Sada, Jeanda enseguida fíxose amigo de Lito do Moby Dick e pasou a formar parte activa da “Asociación Cultural Castelao” coa cal compuxo a banda sonora do documental “Pintor Llorens” de Modesto Pena, realizou un impagabel laboura coma docente musical e pasou a formar parte de lendarios grupos locais como ” Room 51″ ou a ” Silver Dollar Blues Band”. Gran estudoso da música, tiña no seu domicilio de Fontán a “as súas nenas”, así chamaba ás súas seis guitarras, tres fender eléctricas e tres acústicas de alta gama, ademais dun “Home Studio” con todo o necesario pra seguer compoñendo.
Non se lle caían os aneis á hora de compartir escenario con toda clase de grupos, dende “Capitán Morgan” ata os franceses ” Duroots”, e non había un concerto de calidade onde non estivese el . Coma veciño, estaba moi preocupado polos problemas do pobo coma os malos cheiros da depuradora de Fontán, as inundacións da zona da Lagoa ou a recuperación do Pazo de Meirás. Jeanda, tiña moi claro cales eran os problemas que arrasaban o noso País e non tiña reparo algún en citalos nas súas redes sociais, era unha persoa amante dos seus amigos, da súa familia e moi comprometido coa cultura, en definitiva, unha boa persoa.
Din que os vellos rockeiros endexamáis morren, mais os vellos bluesman coma Daniel son eternos.
Boa viaxe, amigo, lévasche moito, mais é moito máis o que nos deixas.
Paris Joel
(Tradución ao galego por Rubém Novo/ calquer erro na tradución é responsabilidade de Rubém Novo)
O volcàn Taal (Filipinas) Jean Daniel Bercher en 1983.
(Tódolas fotos cortesía Facebook Jean Daniel Bercher)