• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Somos un grupo de amigos de diversos sitios.No 2010, un golpe de sorte fixo posible xuntármonos todos os mércores no bar “Bloody Mary”, para facermos jams ao longo do ano. Doce meses despois, decidimos formalizar o grupo un pouquiño máis. Comezamos polo nome. A idea foi de Trilli e o porqué da escolla penso que non é necesario explicalo.
No 2011 o noso punto de encontro para os concertos semanais foi o bar Miudo, e foi alí onde realmente nos formamos como banda.
A todos nos une amizade e a paixón pola música. Pola
(Foto cortesía de cultura.gal)
música en xeral e, polos clásicos, en particular.
O noso repertorio esta formado por versións de clásicos do blues, soul, country, rock & roll … ao que pouco a pouco estamos incorporando temas propios que se moven xeralmente nese abano de estilos.
………………………………………………………………………………………………..
Banda formada no trascurso do ano 2012. As súas influencias van dende o blues mais clásico de artistas como Howlin Wolf, Muddy waters, Hound Dog Taylor ata o soul de Aretha Franklin, Etta James ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash. Sen esquecer aos grandes clasicos do rock e o rock and roll como Elvis Presley, os Rolling Stones ou J.J Cale. Outras das súas máis importantes influencias son dous dos novos talentos do rockabilly e o rock & roll actual, considerados xa clásicos modernos, Imelda May e os tres irmáns que forman Kitty, Daisy & Lewis.Teñen unha formación un tanto peculiar con armónica, percusión que inclúe darbuka, culleres e washboard entres outros elementos ademais de batería, baixo, guitarra (acústica ou eléctrica) e dúas grandes voces femininas, Sabela e Almudena. Todo isto xunto dálle á banda un carácter moi particular e pouco habitual neste lado do continente. Cabe dicir que pese ser unha banda principalmente de versións, conseguen levalas a un terreo moi
FACEBOOK:

THE LÁKAZANS. XIV ANIVERSARIO DE WWW.EMPUJE.NET.

DIA3.

JOANA´S PLACE (A CORUÑA).

MÁIS:
PREME NA LIGAZÓM
Eva “Coyote” con Sabela E Almudena, cantantes de The Lákazans.

SPOTIFY

DEEZER

https://www.deezer.com/es/artist/9439868/radio?autoplay=true

YOU TUBE MÚSICA.

https://music.youtube.com/channel/UCWC_1UOOqD0XYOi8bq0DuaQ