Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XIRA LUNÁTICA.

Proxecto fundado en 2015 por Javier Prado (Moondogs Blues Party), que viña de gañar o premio Talentos ELPAÍS e quedar semifinalista no International Songwriting Competition en Nashville, entre máis de 15.000 proxectos internacionais.

Nace coa publicación do disco debut, Malos Tempos (2015, Inquedanzas Sonoras) presentado ese mesmo ano na Feira das Industrias Culturais, Culturgal. Toda unha declaración de intencións coa que trata de aportar música de raigame blues en galego, con letras que reflicten o momento social que nos toca vivir nesta época, incluindo ademais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro ou poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

 

A banda

A primeira formación da banda está composta por Belem Tajes (Lúar na Lubre, Vudú), Maritxiña (Vudú) e Olalla Ferga (La Senda de Afra). Esta formación xira durante o ano 2016 presentando o disco por toda Galicia. A banda resulta gañadora do XVIII Concurso de bandas de Cuac FM, tocando no Festival Noroeste Estrella Galicia xunto con Ocean Colour Scene e The Editors.

Na actualidade, o proxecto ponse en marcha cun novo repertorio e coa formación composta por, Javier Prado (Moondogs Blues Party), Pedro de Gregorio (Showbiñas Experience), Jorge Arenaz (Booty Sweat) e Nico Rodríguez (Cora Velasco).

Javier Prado

Voz e guitarra

Pedro de Gregorio

Teclados

Jorge Arenaz

Baixo

Nico Rodríguez

Batería

Pantasmas das rúas – O Cadelo Lunático

Tema da nova andaina do proxecto O Cadelo Lunático, no concerto do día 30 de novembro de 2019 na GaleríaJazz (Vigo).

Video: Cristina Corral Soilán.

5

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O CADELO LUNÁTICO NOS MALOS TEMPOS

WWW.EMPUJE.NET.

O Cadelo Lunático 1.

Clube Clavicembalo (Lugo)

27/08/2016

WWW.EMPUJE.NET.

O Cadelo Lunático 2.

Clube Clavicembalo (Lugo)

27/08/2016

Longa noite de pedra

de Malos Tempos por O Cadelo Lunático

00:00 / 04:52
  • Streaming + Descargar
    Incluye transmisión ilimitada a través de la aplicación gratuita Bandcamp, además de descargas de alta calidad en MP3, FLAC y más.

      € 1 EUR  o más

letra

Eu non renunciei á miña maneira de pensar nunca.
Por outro lado é moi simple a miña maneira … como miñas conviccións políticas.
Eu son un hogar de convicciones políticas, pero son moi simples.
No están programadas en un programa político.
Estou contra a inxusticia, estou pola libertad, estou a favor de Galicia i estou contra a explotación do home polo home.O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i como tebras.
De pedra o chan
i como reixas.
Como portas,
como cadeas,
o aire,
como fenestras,
como olladas,
son de pedra.
Os corazós dos casas
que ao lonxe espreitan,
feitos están
Tamén
de Pedra
 . [* Tamén de pedra]
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.[* Noite de pedra) BIS]* Modificación do poema orixinal

créditos

de Malos Tempos , lanzado el 29 de enero de 2016 Música: Javier Prado Voz: Belém Tajes Poema orixinal de Celso Emilio Ferreiro, “Longa noite de pedra” extraído do libro Longa Noite de Pedra (1962)

Voz orixinal de Celso Emilio Ferreiro extraída de entrevistas levadas a cabo por María Xosé Porteiro y Xosé Antonio Perozo.
Fuente: Consello da Cultura Galega e www.culturagalega.org

Malos Tempos – O Cadelo Lunático

Malos Tempos é o novo traballo de O Cadelo Lunático, proxecto en solitario de Javier Prado, voz e guitarra dos Moondogs Blues Party que comeza esta viaxe individual coa idea de aportar ó país, música blues en galego que reflicta o eido social que nos toca vivir nesta época.

Javier Prado: guitarra e voz

Hugo Ramos: baixo e teclados

Rafael Poncela: harmónica

Belém Tajes: coros

Gravado nos estudios: O Demo Maior (2015)