CARLA LÓPEZ.
Iago Mouriño
Bruno Couceiro
Pablo Pérez
Mielitza é máis que un proxecto musical.
As súas notas, os seus acordes, as súas letras, en definitiva, as súas cancións, poden chegar a ser grandes como planetas formando unha galaxia ou pequenas como átomos formando unha molécula. Apoiada nas composicións, voz e guitarra de Carla López, e secundada por Bruno Couceiro (batería), Pablo Sanmamed (baixo) e Iago Mouriño (teclados), esta proposta pretende percorrer a viaxe que arranca dende esa minúscula infinidade a aquela grande inmensidade, describindo tanto os extremos como as paradas intermedias dun universo emocional único, poderoso nuns momentos, recollido noutros, mais sempre fluíndo cara adiante igual que vai o río abaixo en dirección ao océano.
MIELITZA #1 – Oxe [Twobaskos Sessions]
Mielitza – “Alen (Aló abaixo, no profundo)”
Carla López: Voz e guitarra.
Video gravado o verán de 2016 en A Coruña
Mielitza – “Canción de Olavi”
Mielitza a dúo con Iago Mouriño.
2 de Xuño de 2017 en A Repichoca (A Coruña)
Video: Rubén Novo de Empuje.net
https://www.facebook.com/mielitzamusica/
https://www.facebook.com/Carlalopezvazquez?lst=1253241583%3A1109365130%3A1512639502
(Foto portada por Elba Fernández)
Elba Fernández.
VERBAS DE CARLA LÓPEZ.
Para que isto fose posible foi necesaria a colaboración da persoa que vedes na foto.
Quen me coñece sabe que se trata das persoas máis importantes na miña vida e principal responsable absoluta de que este proxecto sexa o que é.
⚪
Ela, OhElba é quen da sentido ao universo visual deMielitza ata o momento, coa elegancia que únicamente ela é quen de facer.
PÁXINA WEB DE MIELITZA: