(terraetempo.gal)
Mércores, 18 de abril, ás 20 horas
Portas Ártabras (rúa Sinagoga da Cidade Vella)
Participantes:
Fernando Solla: sindicalista e amigo de Moncho.
Mª Carmen Rodríguez Pena: veciña de As Encrobas
Vitorino Perez Prieto: filósofo, teólogo, escritor
Xácome Santos: amigo de Moncho, activista socio-cultural, secretario da Irmandade Moncho Valcarce
(laventanadelarte.es)
Presentación:
María Xosé Bravo, socia do Foro Cívico
Hai 25 anos que nos deixou Moncho Valcarce. Un referente social, cultural, político e relixioso, que soubo liderar as loitas máis importantes que se produciron na Galiza dende o ano 75: As Encrobas, Xove, Baldaio, a Cuota Empresarial Agraria, folga do leite, contra os encoros, contra o vertedoiro de lixo de Bens etc. A súa dimensión e traballo tamén abrangue á faceta institucional como Concelleiro e Tenente de Alcalde polo BNG en Culleredo. Cómpre destacar, así mesmo, o seu compromiso na defensa dos máis desfavorecidos e no traballo de concienciación do pobo como sacerdote implicado na transformación da sociedade e defensor dos ideais da teoloxía de liberación.
Este acto do Foro Cívico fará un percorrido por todas estas facetas, pero tamén unha menos coñecida, mais necesaria, para afondar na súa figura, como é a humana. Estamos diante dun líder carismático que contribuíu a que se consolidase a democracia no País. Pero como todo líder incómodo esquecido principalmente polas institucións. Sexa como fora, Moncho Valcarce xa forma parte, por dereito propio, do Panteón de Galegos Ilustres.