Onte morreu Mohamed Mashally, o “médico dos Pobres”, se gradúo na Facultade de Medicinha no 1967 con 110 cum laude, o Dr. Mohamed Mashally visitou aos pobres na súa cidade en Exipto durante máis de 50 anos, musulmáns, cristiáns coptos… o facía todo de balde, na súa modesta clínica, tamén daba cartos aos seus pacentes máis pobres pra mercar mencías e cobraba (menos dun dólar) a troques aos pacentes que estaban ben economicamente. Decenas de pacentes facían ringleira tódolos días fronte á súa humilde clínica onde o Dr. Muhammad traballaba 10 horas ao día de 9 a 19 pra tratar á maior cantidade de persoas.
Muhammad Mashali endexamais tivo un carro, nin sequera un tele móbil. Caminhaba dende o seu lar á clínica a pé a pesares de que tinha máis de 80 anos.
Cando un dos senhores ricos do Golfo decatouse da súa historia, deulle $ 20,000, tamén lle deu un carro pra moverse, mais despois dun ano, a súa volta a Exipto, o home rico descubriu que Muhammad mesmo vendera o carro pra axudar aos seus pacentes pobres, mesmo pra mercar materiais, analizadores, Muhammad Mashaly dixo: Despois de graduarme descubrín que o meu pai sacrificou toda a súa vida pra facerme médico. Entón prometinlle a Deus que non tomaría un centavo dos pobres e viviría unha vida ao servizo do meu vecinho de calquera cultura ou relixión que fose. Un home que adicou toda a súa vida a salvar vidas e axudar a calquera que estivese en dificultades. Que a terra lle sexa leve.
Pedro Quesada
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBEM NOVO.