modus-vivendi-pub-santiago-de-compostela

MODUS VIVENDI (SANTIAGO): PROGRAMAZÓM NOVEMBRO 2017.

Publicado el 7 noviembre, 2017 | Noticias, Prensa

axenda de novembro [17] no modus vivendi

un día despois de todos os santos e chega botafogo, o proxecto musical en solitario de borja fernández: voz e banjo aderezados con cacharrada musical de mercadillo nun espectáculo de catarse expandida.
o día 4 facemos sesión vermú en colaboración co outono festival: unha oportunidade para escoitar en distancias curtas o son sinxelo e crú do rockabilly dos 50 de los hound dogs.
co leo arremecághona continuamos o ciclo de V.O.G., versión orixinal en galego, que iniciaramos en outubro con garcía mc e lar legido, no que tratamos de botar unha ollada á música feita no noso idioma, que aínda segue a ser unha excepción.
o sábado 11 somos sede dun dos concertos de apoio á campaña contra os lumes a través do nunca máis fest no que estarán lucho mak y los canallas + tato lópez en sesión de tarde.
celso fernández sanmartín e benxamín otero continúan este ano co seu proxecto multidisciplinar que trae a modus e borri nunha soa xornada historias e música que nos fan un pouco máis conscientes do que significa ser de aquí.
o día 23 temos a sorte de contar con talabarte, unha formación  de músicos incríbles que nos invitan a unha viaxe musical polo mundo a bordo do seu tradincerto, achegándonos os temas do seu recente álbum fake.
por último, non podedes perdervos as pinchadas deste mes: manuele caamagno, ghuin pan funk [afro-funk-tropical-disco], migui e mon terbutalino [only temazos] e claro, o hevi.

non sei a vós, pero a nós novembro parécenos un mes redondo…

Shop Sale Items
modus vivendi
info@pubmodusvivendi.net
santiago de compostela
praza feixoo 1

 

(FOTO PORTADA CORTESÍA DE ABSOLUTSANTIAGO.COM)

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *