• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


30 de setembro

21h – 23 h

Rúa de Santiago, 60, 15810, Arzúa (A Coruña)

 

A artista arzuá MJ Pérez presenta na súa vila o seu novo disco: Casandra. Trátase do primeiro álbum de estudo da cantautora, que desta vez ofrécenos un traballo onde a esencia combina co novidoso en canto a espírito e estilo. MJ explora novos camiños e faino ben acompañada: neste disco colabora a banda xa de sobras coñecida, composta por Diego Fiuza, Inés Mirás e Alberto Rama. A eles súmanse unha serie de colaboracións especiáis, nas que atopamos a Richi Casás, Serj, Martiño Cabarcos, Ailén Kendelman e Paco Cerdeira.

O sábado 30 de setembro MJ presentará este novo disco na Casa da Cultura de Arzúa, ás 21:00h, con toda a banda e a participación das colaboracións. Algo único e irrepetible ao que agardamos que non faltedes vós, que sodes a peza importante.

Entrada de balde (Aforo limitado)

Apto pra nenos.

  

WWW.EMPUJE.NET. M.J PÉREZ:

ENTREVISTA EMPUJE.NET.

8 DE XULLO DE 2017.

ARZUA.