Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Metrópoles (Metropolis) é unha película muda alemá de 1927 realizado pola produtora UFA. De ciencia ficción, a trama distópica urbán futurista filmada por Fritz Lang, é considerada unha das grandes películas do cinema expresionista alemá e da historia do cinema mundial. Foi o primeiro filme considerado Memoria do Mundo pola Unesco.

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa dona Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da mesma Von Harbou.

Metrópoles é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os films documentais dos irmáns Lumière, Os esquecidos, dirixida por Luís Buñuel de 1950 e O mago de Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír ista categoría, amparado na vívida encarnación de tódala sociedade, e a profundidade do seu contido human e social.

Metrópoles inspirou o vídeo da canción Radio Ga Ga do grupo Queen, onde usaron anacos orixinais da película.

En canto ao vestiario, típico dos anos vinte, aseméllase en gran proporción a algunhas das criselefantinas de Joseph Lorenzl ou Otto Hoffmann expostas no Museo de Art Nouveau e Art Déco de Salamanca.

(Tradución ceive ao galego por Rubén Novo)