Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Rumoreeite ao oído pois importábasme, trinquei os beizos marchitados de dor despois de fiarme de ti, pedín claridade e a oscuridade apalpei.
Agora funme. Xa non vendo o eterno.
Esfúmome. Na pista agárdame un novo voo. ¡Capitán adiante!

” Os soños do teu presente a cachos desperdigados polos teus pasos enlamados. ¿Pretendes voltar ao meu perfume? Sorte.”

#TaniaYáñezCastro

Pasar una día mollado despois dunha noite profunda e abrigarse baixo os destellos da túa voz.
Camiñantes da beira do mar, cómplices da mesma cunca de viño e amantados coa frescura do teu corazón. Dous implicados na mesma proposición : “a próxima aventura sen cinturón”

PDT: Firmen tódolos vivintes desenfrenados deste vagón. 😉

#TaniaYáñezCastro

Tarde de inflexión rematada con arte.
E debuxo un punto final.
Arte…pode ser ou non bonita pero ela si se deixa sentir.
Daquela vou comezar por unha nova etapa con ganas. Ganas…como me gustan, esas que ferven dentro de min.
¡A escaldarse! 😉

#TaniaYáñezCastro

Unha nace na terra, aliméntase do regadío e medra coas longas tardes de sol.
Entre as costas naceume un burato na alma e sin decir nada, vaiseme o corpo por el.
Agora que xa sabes tanto de min, saberás que os mundos prohibidos teñen un poder de atracción. 😉

¡Boa tarde!
#TaniaYáñezCastro

Auga turbia, peito prepotente, cáscara valeira chea de odio e ti, orgullo…¡Todo escoria! O alimento emporcallado dos flacos.
Logo, un corazón latente. Ese que é el mesmo. Ese que berra, que se hincha, desinfla e pide perdón. O que latexa co verdadeiro e salta coas emocións.
Mais agora, deixo a miña porta aberta. Ao lonxe, eses pensamentos nosos con desexo de voltar, durmirán xuntos unha vez máis.

#TaniaYáñezCastro

” El amado no se alecciona, se le observa, no se le transforma, se le ve crecer y no se le conduce, se le acompaña” Valerie Tasso

A idade é unha ventaxa. Mañá podesme ensinar como chegaches a meta ou…¡Depende! Son galega. Pois pudeches pasar moitas veces por min e nunca me ver.

#TaniaYáñezCastro

E camiñar cos ollos vacíos ardentes de imaxinación.
Pero, ¿que hora é?
Hora de comezar a vivir unha nova ilusión.
(Declaro o dereito da libertade da imaxinación.
Fora recordos, doses de riscos e moita resaca do que a berros che pide o corazón.)
¡Bon domingo!

#TaniaYáñezCastro

Hai veces que un atúrdese e non ve a luz…
A luz, man amiga, meu apoio. Perdóame por non querer verte. Síntote e sei que estás ahí.
Cos pés na area, embestidos de salitre…¡Agárrate! ¡Bailemos!
Estás donde precisas estar, tan só respira miña ilusión.