• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


mercedes2

Mercedes Romero Abella na súa escola de Monelos.

Soqui Cea Vázquez

27 de xuño de 1907: Nace MERCEDES ROMERO ABELLA en Cee.
Lembro hoxe a esta mestra republicana galega que viviu de moza en Corcubión e estudiou Maxisterio na Coruña.
En 1931 casou con Francisco Mazariegos Martínez, empregado de banca e sindicalista da UXT no Banco Pastor.
En 1936 era mestra en Monelos. Despois do asasinato do seu home (tiña 32 anos), cando tentaba facer xestións para embarcar cara América foi detida, violada e torturada. Máis tarde, foi fusilada en Aranga e soterrada nunha fosa común en Vilarraso, a fosa común máis grande de Galicia.
Quedaron dous fillos orfos de nai e pai: Marisa con 4 anos e Enrique con só 3 anos.
Teñamos memoria sempre!!