Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
 Se xa é raro que mozos de hoxe en día interésense polo rock&roll, moito máis é que monten unha banda e que fagan algo tirando a un rolo 60’s, en concreto ao rock acedo californiano, con influencias claras de bandas coma Jefferson Airplane ou, a máis obvia, Grateful Dead.
Pois fai un par de meses uns rapaces de Lugo, Planeta B, antes coñecidos coma Los Zorros, sacaron ista Materia Prima, o seu primeiro disco, pensado coma disco conceptual onde desenvolven unha historia a través de 6 cortes onde blues rock, folk e psicodelia conviven coma nos mellores anos do xénero.
Gustoume moito e, ademais, creo que teñen moita marxe de mellora. Bótenlle unha escoita… ou dous que ben merece a pena.
Parabéns Edu de la Fuente y Alejandro Meilán Vázquez!
(Javi C. Campello)
BAND CAMP: