• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Empuje pide desculpas pola tardanza en publicar ista nova, achega de Tomi Desastre.

TOLERANCIA CONTRA A HOMOFOBIA CERO.

Hoxe é 25N. Hai moitas formas de violencia contra as mulleres. Onte en Alegría escoitamos a historia de Mariel.
O día 2 de outubro ás 5 da tarde sufriu unha agresión homófoba na Avda de Calvo Sotelo. Un home que está identificado díxolle a outro: -mira, esa es lesbiana. Ela decidiu ir alí a decirlle se tiña algún problema con iso. A historia é moi longa. Se tedes curiosidade comparto o podcast. O resultado é que está cunha importante lesión no xeonllo e non pode traballar. Vive nun terceiro sen ascensor na Cidade Vella (temporalmente está en Madrid porque subir os tres pisos é case imposible) e está a cobrar a Risga. Para ter ingresos extra está vendendo unhas pulseiras coa bandeira do Orgullo por 3 euros que fai ela. Se queredes axudala, este é o seu teléfono: Mariel 635919866. Regresa o día 1 a #Coruña porque o dous danlle resultados das probas no Chuac (se non presnta unha reclamación a cita para mirar a lesión era para setembro de 2022, si, flipa).
A denuncia está baixo segredo de sumario. Pese aos seus berros ninguén se achegou a axudala, pero había bastante xente mirando. Se alguén viu algo, que contacte con ela. Sería de gran axuda. #25N #Violenciamachista #ViolenciaDeGénero 
Faleivos hai uns de Mariel, a coruñesa que sufriu unha agresión na Avda Calvo Sotelo o 2 de outubro ás 5 da tarde. O motivo: ser lesbiana.
Agora, de baixa pola lesión que sufriu no seu xeonllo no forcexeo co agresor (agarda ainda polo xuizo), vende estes artigos: pulseiras e chaveiros (3 e 4€). Esa é a súa man.
Vive na Cidade Vella, nun terceiro sen ascensor. O día que quedei con ela unha veciña súa que rondaría os 90 anos iniciaba a subida das escaleiras e ainda botamos unha risa coa súa retranca. Ten unha entrevista seguro.
Se queres mercarlle a Mariel algún artigo, este é o seu número: 635 91 98 66.
A historia que nos contou en @Cuac fm é desas de como nuns segundos pode cambiar a túa vida. #coruña #lgtbq