Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 MARÍA XOSÉ BRAVO.

Entrega do Mapa de Fontán

O 1 de decembro de 1834 Domingo Fontán (Portas, Caldas de Reis) entrega a Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa topográfico feito con métodos científicos e medicións matemáticas do Estado. Foi presentada a modo de mapa desenvolvido coas 12 láminas dispostas en 3X4 e unidas entre si de forma que se forma o mapa de Galiza como se se tratase dunha soa lámina.Esta obra excepcional levoulle 17 anos, desde 1817 até 1834. O sistema empregado por Fontán para realizar a Carta Geométrica consistiu en elaborar unha malla triangular sobre o territorio con vértices nos cumes de montes e promontorios, toda unha elaboración de rectas e ángulos que tiñan como referencia un punto cero, a Torre do Reloxo da catedral de Santiago. Adiantouse tamén Fontán aos mapas oficiais doutros países europeos coa utilización da escala cenmilésima (1:100000). Polas limitacións técnicas da época e pola dificultade de atopar un gravador con experiencia a súa publicación foi complicada. Faríase París en 1845, lugar a onde se desprazaría Fontán para traballar con L. Bouffard, un dos mellores especialistas do seu tempo. Do orixinal, gardado na Fundación Domingo Fontán, só se conservan unhas 6 copias, as da Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Fundación Penzol, Universidade de Santiago, Centro Galego de Bos Aires e a do Pazo de Trasalba. Otero Pedrayo, Cunqueiro ou Castelao serán algún dos autores que introducirían na súa escrita referencias ao Mapa de Fontán.

———————————————————————————————————————–

O 29 de novembro de 1924 empeza a publicar a Editorial Lar. Leandro Carré Alvarellos xunto con Ánxel Casal crearon Lar, o primeiro intento dunha editorial autenticamente galeguista. Nacía co obxectivo de popularizar, estender e divulgar a literatura galega, e máis concretamente a novela. Tivo como sede o primeiro andar do número 36 da Rúa Real da Coruña e editábase na imprenta Moret. A Editorial Lar abriría o seu catálogo cunha colección de novelas breves sendo o seu primeiro título A miña muller de Wenceslao Fernández Flórez. Inicialmente a publicación era quincenal pasando máis tarde a unha edición mensual. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño. En total Carré e Casal publicarían 40 volumes cunhas tiradas que mesmo chegaron a superar os 3.000 exemplares. Cada novela vendíase a 30 céntimos. Publicarán en Lar tanto nomes xa consagrados como escritores máis novos. Otero Pedrayo, que se deu a coñecer como narrador en galego nesta colección, Lesta Meis, Aurelio Ribalta, Leandro Pita Romero, Xulián M. Magariños, Luís Amado Carballo ou Armando Cotarelo Valledor, son algúns dos nomes dunha longa lista.

———————————————————————————————————————–

Micaela Chao Maciñeira

27 de novembro de 1928 morre Micaela Chao Maciñeira. Micaela Chao, natural de Viveiro, foi a única muller presente na xuntanza que deu orixe ás Irmandades da Fala e a primeira muller que fixo efectiva a súa afiliación. Formaría parte en 1917 da delegación das Irmandades a Cataluña e sería a principal impulsora da constitución dunha Sección Feminina no seo da Irmandade da Fala da Coruña. Esta Sección constituiríase en agosto de 1918 e contaría con máis de 200 asociadas, sendo Micaela Chao inicialmente a súa Conselleira Primeira. Colaboradora das actividades do Conservatorio Nazonal do Arte Galego como actriz e tocaba o piano nos entreactos das sesións teatrais. Foi a compañeira de Antón Vilar Ponte.

27 de noviembre ·

Tal día como o de hoxe de 1928 morre Micaela Chao Maciñeira. Micaela Chao foi a única muller presente na xuntanza que deu orixe ás Irmandades da Fala e a primeira muller que fixo efectiva a súa afiliación. Formaría parte en 1917 da delegación das Irmandades a Cataluña e sería a principal impulsora da constitución dunha Sección Feminina no seo da Irmandade da Fala da Coruña.

Cando morre, o seu home Antón Vilar Ponte nunha carta enviada a Álvaro Cebreiro escribe “A miña muller nunca foi plomo de cordura burguesa, sempre foi ás para min. Veume ameazado de morte e lonxe de me apoucar dábame azos. Veume no cárcere, e experimentaba fondo orgullo por elo.”
———————————————————————————————————————–

Tal día como o de hoxe de 1861 publícase o primeiro texto en galego de Rosalía. Sería o poema ¡Adiós qu´e eu voume! e que logo se consagrará como Adiós ríos, adiós fontes. O poema publicase por primeira vez solto en El Museo Universal.
http://www.sermosgaliza.gal/…/pri…/20161122183921053003.html

La imagen puede contener: una o varias personas
———————————————————————————————————————–

O único rei Sabio que na historia houbo escribiu en galego. Afonso X, naceu tal día como o de hoxe de 1221 e así o conta a galipedia “… escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio.”

No hay texto alternativo automático disponible.
———————————————————————————————————————–

O 21 de novembro de 1760 nace Manuel Pardo de Andrade. Considerado un dos pais do xornalismo galego, foi escritor e un comprometido activista da causa liberal, motivo polo que tivo que exiliarse no estranxeiro. Como xornalista foi o fundador do primeiro xornal coruñés, Diario de la Coruña. A súa obra Rogos de un gallego publicouse por primeira en 1813, foi unha das primeiras obras impresas en galego do século XIX…http://almanaquedasirmandades.gal/…/manuel-pard…/2016-11-21/

La imagen puede contener: texto
———————————————————————————————————————–

Xa teño a reprodución facsimile do primeiro número de A Nosa Terra (14/11/1916) que agasalla o Sermos Galiza desta semana. É como un pequeno tesouro. “Hoxe bule polos posos eidos e polas nosas vilas un sospeitoso andazo rexionalista. Hai que peneirar as intencións, pra separar a palla do grau. Chegou a hora de definirnos.” dicía Antón Vilar Ponte nese primeiro número.

No hay texto alternativo automático disponible.
———————————————————————————————————————–

“Son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, completa e sen cativezas. Nisto non caben discusións: Galicia ten dereito, un dereito fundamental, a ser dona absoluta de si mesma”
Os días 17 e 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala celebran na cidade de Lugo a súa I Asemblea. Nesta xuntanza fíxase o ideario das Irmandades coa aprobación do Manifesto Nazonalista.

No hay texto alternativo automático disponible.
———————————————————————————————————————–

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
……….
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”
(Ramón Cabanillas dedica este poema “Da Terra asoballada” a Lois Portero Garea)

No hay texto alternativo automático disponible.
———————————————————————————————————————–

“Oiriades moitas veces falar do antipatriotismo da clase traballadora; pro hai nada máis antipatriótico có capital?” Cen anos teñen estas palabras pronunciadas por Porteiro Garea na discurso da creación da Irmandade da Fala de Compostela en maio de 1916.
Tal día como o de hoxe de 1889 nace en Lugo o avogado, xornalista, conferenciante, activista cultural e político Luís Porteiro Garea. Participará activamente nas mobilizacións anticaciquís e agrarias e será un dos asistentes á reunión fundacional da Irmandade da Coruña. Dez días despois fundará a Irmandade da Fala de Compostela. Porteiro Garea será un dos ideólogos do nacionalismo das Irmandades da Fala que defenden superar as reivindicacións puramente lingüísticas e culturais e avanzar cara a creación dunha organización de perfil máis político.
http://almanaquedasirmandades.gal/…/luis-portei…/2016-11-16/

La imagen puede contener: texto
———————————————————————————————————————–

Tal día como o de hoxe de 1944 fúndase en Montevideo o Consello de Galiza, que será o goberno galego no exilio despois do golpe militar do 36. Castelao asumiría a presidencia e Alonso Ríos a secretaría. A intención do Consello foi defender a vontade política de Galiza expresada nas últimas eleccións republicanas e no plebiscito do Estatuto galego, celebrado o 29 de xuño de 1936. A creación do Consello de Galiza equipararía politicamente aos galegos cos vascos e cataláns e así poderíase asinar o novo pacto Galeuzca (o primeiro fora asinado 11 de setembro de 1923), que xa non será un convenio de partidos senón de Gobernos.
http://almanaquedasirmandades.gal/…/consello-de…/2016-11-15/

La imagen puede contener: multitud y una o varias personas
———————————————————————————————————————–

O 14 de novembro de 1916 sae na Coruña o 1º número do xornal A Nosa Terra, unha das cabeceiras históricas do nacionalismo galego. Nace baixo o lema Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal. Unha das características esenciais do voceiro das Irmandades é o monolingüismo en galego. O seu primeiro director será Xosé Iglesias Roura, logo Antón Vilar Ponte e a partir de 1922 será Víctor Casas quen leve a dirección.
http://www.sermosgaliza.gal/…/cen…/20161114093646052766.html

No hay texto alternativo automático disponible.
———————————————————————————————————————–

Neste 12 de novembro no que toma posesión o Presidente da Junta de Galicia cómpre non esquecer este día do 1936 onde os fascistas asasinan a Víctor Casas:
“Eu persoalmente síntome cada día máis fundamente esquerdista tamén cada hora, se cabe, o meu nacionalismo medra en extensión. E con orgullo digo que a miña filiación
nacionalista representa para min un salvoconduto e unha defensa contra a beocia inmoralidade política hoxe tan á orde do día.” (Víctor Casas, El Pueblo Gallego, 1931)
A muller da fotografía é da nai de Víctor Casas, diante do piñeiro da Caeira onde asasinaran ao seu fillo. A fotografía foi tomada por Amalia Álvarez Gallego, a muller de Alexandre Bóveda.

La imagen puede contener: texto y exterior
———————————————————————————————————————–

Cando se conta a historia das mulleres das Irmandades da Fala sempre son “a muller de”, “a filla de”… e ademais eran moi poucas. Mais a realidade era ben outra, máis de duascentas eran as mulleres da Irmandade Feminina da Coruña e María Miramontes non entra nas Irmandades por ser a compañeira de Ánxel Casal, hoxe sabemos que eles dous se coñecen na IdaF da Coruña e Amparo López Jeán, a 1ª muller en afiliarse ao Partido Galeguista na Coruña estaba casada cun antinacionalista, César Alvajar… Queda tanto por saber e por reivindicar!
(Tal día como o de hoxe de 1942 morre no exilio en Montauban, Francia, Rita Amparo López Jeán)
http://almanaquedasirmandades.gal/…/rita-amparo…/2016-11-12/

La imagen puede contener: 1 persona , texto
———————————————————————————————————————–

“A la tarde hablé en gallego ante el nuevo monumento en El Posío. El Gobernador y el ayuntamiento falangista tascaban el freno. Era de perro de presa con carranca la cara del pretor. Para resarcirse, al final, inoportunamente y con sorpresa de la gente sensata, cantaron Cara al Sol y dieron los gritos. En fin, todos quedamos en los nuestro”
O 11 de novembro de 1949, Otero Pedrayo fai a primeira intervención en galego nun acto público de posguerra. Foi en Ourense no centenario do nacemento de Lamas Carvajal e así contaba Otero á Academia Galega como foi recibido polas autoridades falanxista o seu discurso en galego.http://almanaquedasirmandades.gal/…/1o-discurso…/2016-11-11/

La imagen puede contener: 1 persona , exterior