Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

La imagen puede contener: 1 persona, primer plano

 6 de abril ·

 Tal día coma hoxe de 1895 nacía en Bergondo María Miramontes, republicana e galeguista. Dende moi nova, militou nas Irmandades da Fala e logo no Partido Galeguista. Mercé ao pequeno comercio de teas que rexentaba e a súa dedicación como modista puideron obterse moitos dos ingresos que axudaron ao labor que o seu compañeiro Ánxel Casal fixo a prol de iniciativas como as publicacións das IF, de Lar e da mítica Editorial Nós. Contribuíu ao esplendor dun país, da súa cultura e da súa literatura. A entrega á causa de Galicia custoulle a Casal a vida e a ela un orfo e doloroso exilio do que endexamais voltou. Castelao deixou dito: “Casal, por Galiza, fixo máis que todos nós”. Mais dicir Ánxel Casal era dicir María Miramontes e nunca agradeceremos o suficiente o que ambos e dous fixeron por esta Terra. Por iso, hoxe, beizón e memoria.