• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Amor é a palabra máis grande e misteriosa,
a única palabra para repetir sempre,
a que fixo tremer as paredes dos labios,
a que pode crebar
os diques do teu sangue.

Amor, esa palabra,
que salta áxil do silencio á fuga
e a que fixo imposibles
versos sen elexía.

Foi amor a palabra
que te entregou á luz
para que desfixese todos os teus contornos,
a que aflorou a dor
gardada na esperanza e na beleza.