Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

maría

María Barreiro

Boas tardes Ana! En primeiro lugar quería darche a norboa pola túa gran labor neste país que tanto precisa de mulleres e homes coma ti. O martes tiven a oportunidade de disfrutar do día da matria reivindicando as nosas necesiades e as de Galiza. Tamén disfrutei escoitando as túas palabras de alento que fan que non perdamos a esperanza. Grazas dende o máis profundo da miña alma, porque no momento que sentín as túas verbas no corazón as vagoas comezaron a brotar dos meus ollos o sentir que compartiamos o memo sentimento e pensamento. Grazas por ser a voz de todos os galegos e galegas que amamos Galiza e queremos ter o que nos pertence. O martes tiven a oportunidade de agradecerche persoalmente todo o que fas por Galiza, por nos, e por min. Non sei se te lembraras, pero eu xamáis o esquecerei. Cando te pases por Redondela, aquí terás unha amiga que estará encantada de recibirte. E se te pasas por Sevilla , lugar no que estudo e o que levo un cachiño de Galiza, terás fogar onde quedarte. Unha aperta moi grande de corazón. Galiza é a nación que compartimos, Galiza precisa de máis xente coma ti.

https://www.facebook.com/maria.barreiroalvarez?fref=ufi