basta-xa

Manifesto: “Basta xa!”. Galiza con Catalunya.

Publicado el 26 marzo, 2018 | Noticias, Opinión, Prensa

isabel

VERBAS DE ISABEL RISCO.

Agora xa non se trata nin de ideoloxias, nin de se ti es nacionalista ou independentista ou non o es, vannos sumando moitas, están superando a aquela Thatcher que baixo a súa responsabilidade morrera Bobby Sands, agora trátase de nós, de algo tan fundamental, necesario, inherente a nós como é a liberdade, patrimonio co que nacemos e que nos están a arrincar de raíz, desgarrándonos, pretendendonos facer unha ferida mortal, mais non o van conseguir, malia que tenhamos que adquirir condición de croio, nunca debemos renunciar nin a nosa dignidade, nin a nosa liberdade! Xente que nin roubou, nin violou, nin asasinou, nin utilizou o seu cargo no seu beneficio persoal, nin prevaricou, entra na cadea, por cantar dicindo o que pensa, por amosar a súa opinión, por defender dereitos fundamentais, por ser escollidas e escollidos despois dun proceso democrático que mesmo se intentou manipular! Podredume, Chernobil, Fukushima, Prestige, Erika, volcáns, shunamis… catástrofes naturais, físicas, mesmo algunha provocada polas gadoupas neglixentes dun poder insensíbel e que ficou impune pola mesma xustiza inxusta que actua segundo o mandado dun poder depredador, e que xenera esta catástrofe moral! Hoxe non adiantarei os reloxos unha hora dareilles cara atrás 40 anos ou se cadra máis! Coa semana santa chega a inquisición grazas estado espanhol!

basta-xa

Manifesto: “Basta xa!”

Manifesto: “Basta xa!”

Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas.

Repudiamos, e sentímonos tamén ameazados e ameazadas, polo empeño do Estado español no recurso á represión en forma de embargos, procesos, cárcere e exilio como contestación á manifestación da vontade política do pobo catalán, expresada nas urnas, a favor dun referendo de autodeterminación, e, en todo caso, a favor da superación do marco autonómico.

Consideramos que se está perseguindo dirixentes da Cataluña polo único feito de expresaren libremente as súas ideas socialmente e na sede das institucións políticas constituídas democraticamente, conforme á legalidade e á lexitimidade que lles deu o pobo catalán, sen que en ningún momento cometesen por iso delitos de sedición e rebeldía. Avergoña e entristece a violencia institucional, xudicial e policial, que o Estado español, co Goberno á fronte, está empregando, impropias dun Estado minimamente democrático.

Basta xa!. Queremos a liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas perseguidas e encarceradas polo simple feito de defenderen por métodos pacíficos que o pobo catalán existe e ten unha vontade política expresada democraticamente nas urnas, que debe ser respectada.

Promotoras e promotores:

  • Suso de Toro
  • Mercedes Queixas
  • Quico Cadaval
  • Isabel Risco
  • Paulo Carril
  • Margarita Ledo
  • Xoán Costa
  • Elvira Souto
  • Xurxo Souto
  • Pilar García Negro
  • Moncho Suevos
  • Ana Cabaleiro
  • Óscar Valadares
  • Pilar Pallares
  • Xosé Lois “O Carrabouxo”
  • Adela Figueroa
  • Antonio Oca
  • Francisco Rodríguez
  • Olaia Ledo
  • Vítor Vaqueiro
  • Xosé Collazo

Apoia e comparte!

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *