• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


“¿Que sería de la vida si no tuviéramos el valor de intentar algo nuevo?”
VICENT VAN GOGH

“La vida siempre nos dá lo que necesitamos aunque puede no coincidir con lo que nosotros creemos que sea lo mejor.”

No descoñecido atopar o non apalpado curiosamente dá medo pero é máis sinxelo.
Momentos da doce vida…

#TaniaYáñezCastro

“Fría como el hielo, pero en las manos correctas se derrite”

“Si el lenguaje es otra piel, toquémonos más con mensajes de placer”
GUSTAVO CERATI

E os toxos están no comezo da tempada pra florecer…
Firma o olor non esquecido da chorima.
A muda trae novos cheiros. 😉

#TaniaYáñezCastro

Esperta o apetito.
Teño ganas.
Ardo de fantasía.
Fatígome coa ansia.
E de súpeto…
¡Estoupo!
Cachiños de min mergullados no pracer.

¡Bon día!
(¡Brinco! Gargalladas soan en min.)

#TaniaYáñezCastro

Só chámame se te desangras.
¿Non ves que é noite?

Ando pillada pola oscuriade,
tremo co frío da humidade.
Como unha saba vella, áspera
desas gastadas e encoiradas.

¡Que noxo!
Mellor…desángrate.
Ao velorio a ver se podo ir
é que teño a casa empocallada.

“Deshucio de cinzas”
#TaniaYáñezCastro

Un conxunto de rarezas…
refuxian o meu xardín.
Silvas nas macetas,
toxos no salón,
cheiro fresco pola fiestra
e café con sabor a emoción.

¡Un sin fin de disparates!
Eu, a miña persoa e o meu corazón.
Complicada ante todo pero toda eu espida.
Si, espida, pois non agardo aceptación.

Encendida a fogueira, nós
e o mundo ao noso carón.

(Nós: mundo que tropeza e non festexa a humana humillación).

#TaniaYáñezCastro

– Senta aquí. Mira o mundo.
E o corazón bombeoume con frenesí, a pel espertaba a pálpitos e os pulmóns en silencio sufrían o encanto do resplandor.
-Non digas nada. Coidemos este doce silencio.

#TaniaYáñezCastro

“La lealtad es difícil de encontrar y la confianza fácil de perder. Las acciones hablan más que las palabras”

No estés tan seguro, ella no te piensa como antes. Querido, tu desinterés la ha contagiado.

¡Bon fin de semana!
¡Por unha nova ruta con mapa engurrado e coa camisa esquecida sen planchar! 😉

O agora 😉

“Nadar non sei, balbuceo coa coraxe”

¡Vendo maniotas de moitas pisadas a custo do atrevemento do corazón!

#TaniaYáñezCastro

Paz mental, satisfación sexual, equilibrio emocional e libertade intelectual.
E agora…chega o outono…¡E todo en descontrol!
¡A vivir! ¡A esmendrellarse coa vida! ¡Jajaja!

#TaniaYáñezCastro

¡Sinto nauseas dos delirios!
¡Incomódanme algúns dos sentidos!
¡Extravíame o sono ese foraz ser vivo!
¿Mais que podo facer?

Está dentro de min.
Nace cada día en cada despertar
arríncame con coraxe e sacúdeme o pesar.

Unha loita día tras día
conmigo, ante min.
O meu lugar está en sequía,
vivo con sede sen pestañear.

A vitoria naceu pra os vencedores
e a guerra coa espada en alto achegase ao final.

” Loita sin cesar”
#TaniaYáñezCastro

«Os mellores sorrisos son os que ninguén entende»
Almorcei sorrisos…

Hai veces que as lascas de madeira,
daquela árbore sen pulir,
crávanse no pensamento
ata que a dor non se deixa
de sentir.

¡Malferida! ¡Señorita da escravitude!
Non te fíes, a morte a ti tamén te aloumiña.

Tropeza, máncate, arrisca.
Non deixes fuxir o bonito sentido,
a coraza do orgullo mata o vivido.

Sorbos do momento da vida, sen que a dor magoe o vivido.
O xuízo do arrepentido non está perdido.

«Vivir o sentido»

#TaniaYáñezCastro