Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foto por BRAIS G. ROUCO Photographer

 

Hai novas boas e malas na web relacionadas co disco que non acaba de sair, o futuro da banda e o concerto que daremos xunto a Radio Zapa no Clavi. Entrade se queredes saber que está ocorrendo.

Pois si. Definitivamente, este 2022 está sendo un ano moi complicado para a banda. A nova que vos queríamos dar dende hai xa meses, finalmente non vai ser posible. Esa é a mala nova: tiñamos todo listo para facer unha edición limitada en vinilo de A Procesión das Bestas, ese disco que temos no caixón gardado dende hai case dous anos, co selo Requesound Records pero, tendo en conta a actual situación de Magical Colors e as espectativas de que teremos pouca actividade nos próximos meses, non tiña sentido a inversión para despois non facer directos onde vender os LPs.

Así pois, finalmente, A Procesión das Bestas verá a luz de maneira dixital en próximas datas.

A outra nova é bastante mellor, xa que a pesar das dificultades, non iamos deixar pasar o ano en branco así que a finais de mes estaremos no Clavi acompañados, nada menos, que dos grandes Radio Zapa. Será o sábado 27 de agosto ás 22:00 na emblemática sala da cidade de Lugo cunha entrada de 10 €. Vémonos alí!

Magical Colors som: Alberto Guntín da Silva – batería, coros; Marcos Maoxu Quintela – teclados, coros; Javier Corral Campello – guitarra, voz.

https://www.facebook.com/magical.colors.face/

https://www.youtube.com/channel/UCgfkqp1x13QnkaSsRlAGKzA

https://magicalcolors.bandcamp.com/