Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

About


María José Pérez

Nada en Arzúa. Realiza os estudos obrigatorios e Bacharelato na súa vila natal. No ano 2010 entra na Universidade da Coruña para cursar o Grao en Comunicación Audiovisual (que remata en 2014). En 2015 realiza o Máster de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Complementado con outras funcións, leva a cabo diferentes proxectos, concretamente un dos seus proxectos persoais: O Valse.

O Valse

O Valse é unha idea que nace do Proxecto de Fin de Grao de María José. Inspirada en iniciativas coma o Galician Connection, decide crear algo novo: poñer o audiovisual ao servizo da música.

Trátase dunha iniciativa que pretende ir máis alá do xa establecido e amosar a música dende outro punto de vista, empregando como ferramenta todo o que o audiovisual proporciona e facendo da comunicación a mellor arma.

Podes seguir a súa actividade na súa web, nas redes Facebook e Twitter, e na súa canle de Youtube

Percorrido ao longo dos últimos anos

Ao longo dos últimos anos, María José traballou nunha serie de proxectos e iniciativas. A continuación amosamos o percorrido realizado durante este tempo:

  • A Peza Solta – Último videoclip de MJ Pérez (Será presentado a final de ano) (2016)
  • Hallucinogenic – Último videoclip da banda de Santiago de Compostela Ivy Moon (2016)
  • Volta Atrás – Curta gañadora do Primeiro Premio no Xuventude Crea 2015. (2015)
  • Evidencia – Primeiro videoclip de MJ Pérez (artista) xunto co mago e ilusionista coruñés Joshua Kenneth (2015)
  • Rústica – Vídeos promocionais do traballo que une a Cristina Pato, Roberto Comesaña, Anxo Pintos e Davide Salvado. (2015)
  • O Valse – Proxecto de Fin de Grao de María José e iniciativa que actualmente segue en pé. (2014)
  • Non Sabes bailar –Produción do primeiro videoclip do grupo Superoito. Está dentro do Proxecto “O Valse”. (2014)
  • Chiando –Proxecto conxunto con Rubén Gasalla. Microdocumental gañador do Premio a Mellor Realización na III edición do Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas da UDC. (2014)
  • Serie “O Faro” –María José estivo traballando en parte da primeira tempada da Serie “O Faro” producida para TVG e outras canles da FORTA. Dentro do seu traballo cabe destacar o rol de “Foto Fixa”. Aínda hoxe podemos seguir vendo moitas das súas fotos nas redes sociais e na prensa.  (2013)
  • Ao Vento –Proxecto conxunto con Rubén Gasalla, Bruno Nieto e Alicia García. Neste proxecto que nace a raíz do incendio das Fragas do Eume no ano 2012, María José colabora na Produción, Realización, Montaxe, Promoción e Composición e interpretación musical. (2013)
  • Brainstorming –Produción do magacine Brainstorming, realizado para as asignaturas de Produción e Realización dentro da carreira de Comunicación Audiovisual.  (2013)
  • Adeus –Proxecto conxunto con Antón Varela. Esta pequena curtametraxe fíxose co Primeiro Premio na I edición do Concurso de Curtametraxes Socioloxicas da UDC no ano 2012. Tempo despois foi seleccionada no “Concurso de cortometrajes Gandules ́14” organizado polo CCCB de Barcelona entre as 20 primeiras finalistas.  (2012)
  • Outros traballos – Ademais de todo o que aquí se menciona, María José traballou e participou noutros proxectos como son “Meniña gaiteira”ou“Tchaikovsky: Música e Arte”e outros proxectos por conta propia. Tamén traballou fotografando diferentes actos e eventos, na maquetación e deseño de documentos, na organización de eventos e outros. (Para ver máis, acceder ao perfí de LinkedIn)
  • O Valse:Coñece a iniciativa:siguenos en facebooksiguenos en TwitterCanal de youtube
  • http://www.mjperez.es/
  • https://mjperez.bandcamp.com/

 

  • httpv://youtu.be/
  • A Peza Solta – MJ Pérez con Lidia Bao
Publicado el 2 may. 2015

“A Peza Solta” canción do álbum “Guerrilleira” de MJ Pérez.

Actuación o 25 de abril en Linda Rama (Coruña) coa colaboración de Lidia Bao recitando uns versos escritos para a ocasión.

Letra:

Que fácil e sinxelo é esquecer
tapándolle os ollos á memoria
sen pararnos un minuto a pensar
se quedou algunha peza solta…

Dixeronme que tiña que calar
se quería cantar, cantar vitoria
mais non sei canto poderei aguantar
porque é isto o que me cansa, o que me esgota.

QUE FÁCIL E SINXELO É ESQUECER
TAPÁNDOLLE OS OLLOS Á MEMORIA
SEN PARARNOS UN MINUTO A PENSAR
SE QUEDOU ALGUNHA PEZA SOLTA

Que fácil e sinxelo é fuxir
cando ven o vento e ven en contra
e eu xa non sei se chorar ou se rir
porque é isto o que me cansa, o que me esgota.

ROMPERÍA OS TEUS ESQUEMAS DESTA VEZ
SÓ FAI FALLA QUE MO PROPOÑA
QUE FÁCIL E SINXELO É ESQUECER
TAPÁNDOLLE OS OLLOS Á MEMORIA

SEN PARARNOS UN MINUTO A PENSAR…
SE QUEDOU ALGUNHA PEZA SOLTA

que non podo encaixar, que non quere encaixar
que non pode encaixar, non consigo encaixar…