Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

1 LUIS BARA TORRES.

3

Máis alá dos foguetes de artificio e do rebumbio mediático, o Valle de los Caídos é a expresión da ignominia, da vergoña e das miserias da monarquía constitucional española. É unha lección de historia e un poderoso alegato acusatorio contra o rexime do 78 e contra o engano da transición.
1. Pon en evidencia a incapacidade/falta de vontade dos partidos do rexime (cadaquén cos seus motivos) para desmantelar o sistema simbólico, o relato e os privilexios do fascismo español.
2. Supón a pervivencia dunha especie de parque temático de exhaltación e glorificación do fascismo, do xenocidio, da complicidade da igrexa católica, do traballo escravo e da humillación das vítimas do franquismo.
3. Constitúe unha anomalía histórica e unha vergoña democrática que, 43 anos despois da morte do Ditador e no 40 aniversario da Constitución, se manteña intacto s significado e o simbolismo do conxunto, que se utilice como lugar de memoria fascista, e que se estea propoñendo a estas alturas o traslado da tumba de Franco.

4 

(Miguel Cabeza González Huarte, hoxe OHL. propiedade do Villar Mir.)


4. Máis alá da necesaria efectivización desta última medida, cómpre levar a cabo no Estado español unha axenda valente e ambiciosa da memoria histórica democrática que atenda ás esixencias das Nacións Unidas, ás demandas do asociacionismo memorialístico e os principios que deben rexer un verdadeiro estado de dereito: fin a impunidade e derrogación da lei de amnistía; localización, exhumación e identificación das persoas desaparecidas; anulación de sentenzas e resolucións levados a cabo por tribunais ilexítimos; reparación de todas as vítimas do fascismo español; supresión do sistema simbólico franquista; eliminación de prebendas e privilexios; devolución do patrimonio roubado, con especial prioridade para o pazo de Meirás…

2
5. A respecto do denominado polo franquismo (e polo rexime do 78) Valle de los Caídos, das tres alternativas posíbeis (Demolición, Conservación ou Resignificación), o máis lóxico e razonábel pode que sexa convertilo en lugar de memoria (e da vergoña) da Ditadura, prohibindo o seu uso como lugar de culto franquista e desenvolvendo un programa pedagóxico e socializador sobre o xenocidio, o papel central do nacionalcatolicismo na imposición do fascismo e no estado de terror; a utilización dos presos políticos para o traballo escravo e oara o enriquecemento de empresas e xerarcas; e a desmontaxe das mentiras do rexime e das súas pervivencias. Iso si, garantindo sempre na medida do posíbel o dereito das familias a identificar e trasladar as vítimas que foron alí soterradas contra a súa vontade.

ducado

UNHA RECOMENDACIÓN DO BNG.

NON AO DUCADO DE FRANCO. O Franquismo prexudica gravemente a saúde democrática e os dereitos sociais e políticos das persoas e dos pobos.#FranquismoNuncaMáis

Monarquía non, grazas

A monarquía constitucional española carece de lexilimidade democrática. Sabido é que Juan Carlos de Borbón foi proclamado como herdeiro polo Ditador Francisco Franco e que el mesmo se convertiu en gardián das esencias franquistas e da sagrada unidade da patria española.

 

Na súa proclamación como monarca, o 22 de novembro de 1975, xurou cumprir as leis fundamentais e gardar lealdade aos principios do Movemento. Nesa xornada infame, proclamou o seu respecto e gratitude cara ao Ditador: “El nombre de Franco será ya un jalón del acontecer español y un hito al que será imposible dejar de referirse para entender la clave de nuestra vida política contemporánea”. Tres días despois, facía realidade a gratitude creando o señorío de Meirás e do Ducado de Franco, ignominiosos títulos nobiliarios que luxan unha democracia podre e caduca.

 

A monarquía española carece de lexitimidade ética. As gravísimas acusacións publicadas desvelan un entramado de corrupción que envolve o rei emérito e grandes empresas, con presuntos delitos de fraude fiscal, branqueo de capitais, tráfico de influencias e outras figuras penais. Unha realidade silenciada durante décadas polos medios do rexime e que era un segredo a voces.

 

AS GRAVÍSIMAS ACUSACIÓNS PUBLICADAS DESVELAN UN ENTRAMADO DE CORRUPCIÓN QUE ENVOLVE O REI EMÉRITO E GRANDES EMPRESAS

 

Nun verdadeiro estado de dereito, a gravidade dos feitos denunciados daría pé á intervención da fiscalía anticorrupción e a investigación por parte da Facenda, mais é sabido que a o rexime do 78 blindou con impunidade e con inmunidade a monarquía, como fixo antes co franquismo.

 

Mais este estado de excepción democrático e xudicial non consegue ocultar —senón que polo contrario pon máis en evidencia— a degradación, a podremia e a corrupción dun Estado que ten na monarquía constitucional o maior exponente das súas miserias. Unha institución que, máis alá da operación de maquillaxe do relevo real, amosou a súa verdadeira faciana reaccionaria e centralista na resposta de Felipe VI ao desafío soberanista catalán.

 

Na Galiza temos experiencia histórica de abondo para saber que a monarquía española non trouxo nada bo para o país. Ao longo dos séculos trouxo guerras, expolios, exilio, miseria, submisión e dependencia. Unha vasalaxe que forneceu tamén discursos históricos falsificados e ocultacións interesadas.

 

NA GALIZA TEMOS EXPERIENCIA HISTÓRICA DE ABONDO PARA SABER QUE A MONARQUÍA ESPAÑOLA NON TROUXO NADA BO PARA O PAÍS

 

Mais unha parte crecente da sociedade galega, e nomeadamente a poboación máis nova, ten o convecemento e a convicción de que se trata dunha institución arcaica, retrógrada, machista e antigalega. Unha institución incompatíbel coa democracia —e que por iso non se pode someter a referendum—, que viola os máis elementais principios da decencia e da ética, e que se sitúa por riba da xustiza e fóra da lei.

 

 UE, militarismo e xenofobia

 

Mais europeismo non é o mesmo ca europapanatismo. O nacionalismo galego nunca participou da sacralización da UE, convertida en quintaesencia da democracia, da liberdade, da fraternidade e do progreso universal.

 

O nacionalismo galego sempre foi crítico con unha UE que nos nega como pobo, que afoga os nosos sectores económicos estratéxicos  e que impón políticas inxustas e insolidarias. Non celebramos esta UE que ergue muros físicos e mentais e que abandona millóns de persoas condenadas á súa sorte nos campos da vergoña de Turquía e Grecia. Miles de persoas abandonadas á súa morte na inmensa foxa común en que convertiron o Mediterráneo.

 

Persoas anónimas, cifras nunha estatística brutal de morte e desamparo, homes e mulleres desprovistas de identidade, espidas de soños e de esperanza, cautivas das mafias nos campos de tortura libios, expulsadas das súas terras por guerras e expolios nos que ten moita responsabilidade o chamado mundo occidental.

 

NON CELEBRAMOS ESTA UE QUE ERGUE MUROS FÍSICOS E MENTAIS E QUE ABANDONA MILLÓNS DE PERSOAS CONDENADAS Á SÚA SORTE NOS CAMPOS DA VERGOÑA DE TURQUÍA E GRECIA

 

Non nos sentimos parte desta Europa mercenaria da OTAN e dos EEUU. Unha UE que presume de ser berce da civilización, da democracia e o do respecto aos dereitos humanos mentres alimenta a pantasma noxenta do odio e a xenofobia, o mostro nefando do medo ao diferente, ao extraño. Unha Europa que perdeu a memoria de si mesma, da súa diáspora, dos seus éxodos e dos seus exilios e das terras que noutro tempo foron xenerosas patrias de acollida.

 

Fronte a un xigantesco desafío humanitario, Europa reacciona pechando as fronteiras, construindo muros tan horrendos como o que encarcera o pobo palestiniano e o que planea Trump entre EEUU e México. Ideando campos de internamento na outra beira do Mediterráneo, multiplicando por vindedous o gasto militar para atender as ordes do aliado americano, alimentando a rapina e o intervencionismo en África e en Oriente Medio.

 

A creba democrática, a crise do dereito internacional ten agora unha nova faciana na anunciada reforma eleitoral que pretende o silenciamento das voces críticas e insubmisas que veñen das nacións sen Estado.

 

A CRISE DO DEREITO INTERNACIONAL TEN AGORA UNHA NOVA FACIANA NA ANUNCIADA REFORMA ELEITORAL QUE PRETENDE O SILENCIAMENTO DAS VOCES CRÍTICAS E INSUBMISAS QUE VEÑEN DAS NACIÓNS SEN ESTADO

 

Cómpre pois facerlle fronte a esta nova ameaza ao pluralismo e á diversidade, combater con argumentos, con sentimentos e con determinación esta UE monolítica, reaccionaria, violenta, inhumana e inxusta.

República galega

 O 27 de xuño de 1931 proclamábase en Compostela a República Galega. Foi un estadio efémero da historia de Galiza, mais a semente dun tempo que haberá de chegar para que a nosa terra conquiste a verdadeira liberdade.

 

Porque unha Galiza ceibe e soberana non cabe na camisa de forza da Monarquía Constitucional española. Non cabe no corsé dunha institución arcaica, antidemocrática, machista e  antigalega. Non cabe nas feituras dunha institución e dun rexime que simboliza a alianza dos grandes poderes económicos, do exército, do aparato do Estado para perpetuar un sistema político e económico inxusto, cruel, corrupto, que nos nega como nación, que afoga a nosa economía e expolia os nosos recursos e os nosos dereitos, que condena á precariedade e á miseria a centos de miles de persoas.

 

Fronte a esta pseudodemocracia degradada, fronte a esta monarquía parlamentaria podre, o que de verdade precisamos é abrir un novo tempo político, resultado dun verdadeiro programa democrático, participativo, que rompa coa herdanza franquista, coa segunda restauración borbónica, cos privilexios da xerarquía católica, coa dominación do sistema económico financeiro, coas desigualdades de clase, xénero e lingua, e que recoñeza o dereito de autodeterminación e a soberanía dos pobos. Sería un primeiro paso cara á necesaria República Galega.

 

FRONTE A ESTA PSEUDODEMOCRACIA DEGRADADA, FRONTE A ESTA MONARQUÍA PARLAMENTARIA PODRE, O QUE DE VERDADE PRECISAMOS É ABRIR UN NOVO TEMPO POLÍTICO

 

Hai quen propón que a forma do Estado (Monarquía vs República) sexa decidida nun referendo. Mais a realidade é que a democracia non se somete a plebiscito popular. Porque a Monarquía e a Democracia son realidades absolutamente antitéticas. E a democracia, a liberdade, a dignidade son dereitos que se exercen e que non se poden someter a votación.

 

Tampouco nos vale a República sen máis, a República como mantra, como solución a todos os problemas. Non vale de nada que cambie a forma xurídica do Estado, se todo segue igual.

 

Precisamos un statu quo que recoñeza o dereito á autodeterminación das nacións. Que se asente sobre a igualdade e a xustiza social. Que faga posíbel o exercicio da soberanía nacional, que é a forma que teñen os pobos para defenderse do capitalismo depredador que nos afoga. E para iso non valen reformas cosméticas, é precisa unha profunda transformación que permita construir Galiza como un país soberano, democrático, equitativo e próspero.

 

PRECISAMOS UN STATU QUO QUE RECOÑEZA O DEREITO Á AUTODETERMINACIÓN DAS NACIÓNS. QUE SE ASENTE SOBRE A IGUALDADE E A XUSTIZA SOCIAL

 

Arelamos a República, si, a República Galega. A República da fraternidade e os dereitos colectivos. A República laica e feminista, igualitaria e combativa, internacionalista e solidaria que recibimos en herdanza dos homes e mulleres que deron o mellor de si mesmos, mesmo a vida, por estes nobres ideais.

 

É tempo de loitar e é tempo de soñar. Queremos soñar grandezas para Galiza e facer realidade os soños… E chegará un día en que se farán realidade os nosos anceios de vivir libres de tutelas. En que Galiza se libere de toda caste de tiranía e se faga dona do seu destino.

 

Co símbolo desa liberación. A nosa bandeira republicana, a nosa bandeira tricolor. Branca, azul e vermella. A bandeira da nosa República da esperanza, da democracia, da liberdade.

Feminización da política

Porque tamén a suposta conquista da igualdade é un mito, outra trampa que hai que combater. Non é unha batalla pola igualdade, por un igualitarismo formal, é un combate pola xustiza e pola equidade. E nesa loita é inevitábel asumir que ten que haber unha mudanza radical no sistema económico, nos códigos sociais, nas prácticas culturais, no exercicio do poder e no recoñecemento por parte dos homes que temos a obriga de abandonar a zona de confort que nos proporciona moitas vantaxes.

A política constrúe moitas veces falsos consensos, apariencias de acordos sobre os que semella haber coincidencias e asentimento case xeral. Nos últimos tempos, as chamadas “políticas de xénero” son escenario de supostas convencións que se expresan a través de minutos de silencio, declaracións institucionais e mesmo pactos de Estado. Son tentativas desesperadas de diluir as demandas imparábeis do feminismo, de domesticar unha revolución que xa é imparábel e que vai mudar o mundo nas próximas décadas.

 

O falso consenso tende trampas nos discursos e na linguaxe, crea a miraxe dunha igualdade que non é real, porque non pode haber igualdade cando o machismo e o patriarcado campan nos discursos, no exercicio do poder, na práctica da violencia familiar, social e institucional, na discriminación salarial, no reparto discriminatorio do tempo, das responsabilidades e da riqueza.

 

O FALSO CONSENSO TENDE TRAMPAS NOS DISCURSOS E NA LINGUAXE E CREA A MIRAXE DUNHA IGUALDADE QUE NON É REAL

 

Porque tamén a suposta conquista da igualdade é un mito, outra trampa que hai que combater. Non é unha batalla pola igualdade, por un igualitarismo formal, é un combate pola xustiza e pola equidade. E nesa loita é inevitábel asumir que ten que haber unha mudanza radical no sistema económico, nos códigos sociais, nas prácticas culturais, no exercicio do poder e no recoñecemento por parte dos homes que temos a obriga de abandonar a zona de confort que nos proporciona moitas vantaxes.

 

Nesta revolución social, cultural e política non é menor avance o da presenza paritaria ou maioritaria de mulleres en postos de responsabilidade institucional, política ou económica. Mulleres ao mando de organizacións políticas, sindicais, empresarais, de institucións gubernativas, lexislativas e xudiciais.

 

É importante que as mulleres asuman estas responsabilidades mais non abonda con iso. O determinante é que o fagan desde postulados feministas, transformadores, que denuncien e combatan decididamente os prexuízos, as discriminacións, as violencias e as inxustizas que están comodamente instaladas en todos os ámbitos da sociedade e do poder.

O BNG insta á Fiscalía Anticorrupción a actuar contra Juan Carlos I por branqueo e evasión fiscal

Familia Real
Familia Real

As informacións que implican ao Rei emérito son unha nova proba do fracaso do réxime do 78 e do anacronismo desta institución

“Pensamos que este tipo de informacións evidencian con toda crueza o carácter anacrónico, antidemocrático, -por ser herdeiro do franquismo-, clasista, machista e corrupto dunha institución como a monarquía que, desde o punto de vista do BNG, ten que desaparecer definitivamente por ser incompatible coa democracia e, polo que estamos a comprobar, incompatible coa ética e co respecto aos principios elementais dun Estado de dereito”, alegou Bará.

O BNG reclama a intervención da Fiscalía anticorrupción para investigar posibles delitos de tráfico de influencias, branqueo de capitais e de evasión fiscal por parte da Monarquía a través da figura do Rei emérito, tras as informacións desveladas e publicadas nos últimos días.

A formación nacionalista denuncia a impunidade e a inmunidade da monarquía española, que afonda no fracaso do réxime do 78. “Estamos ante a constatación das relacións turbias entres as grandes empresas cos poderes do Estado, neste caso a Monarquía, unha realidade que remite tamén aos pozos negros da Transición, que aínda están sen depurar e sen limpar no sistema político español”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz parlamentario para temas relacionados coa memoria histórica.

“Pensamos que este tipo de informacións evidencian con toda crueza o carácter anacrónico, antidemocrático, -por ser herdeiro do franquismo-, clasista, machista e corrupto dunha institución como a monarquía que, desde o punto de vista do BNG, ten que desaparecer definitivamente por ser incompatible coa democracia e, polo que estamos a comprobar, incompatible coa ética e co respecto aos principios elementais dun Estado de dereito”, alegou Bará.

A formación nacionalista tamén denuncia a situación legal de “inviolabilidade” do Rei emérito, de tal xeito que se daría o disparate de que aínda que o que desvelan as informacións xornalísticas fose probado, -e mesmo outras cuestións-, non podería ser xulgado nin condenado, unha circunstancia máis propia dun réxime medieval que dunha democracia do século XXI, cuns privilexios que non son asumíbeis nunha sociedade democrática e avanzada.

Igualmente, o BNG trae a colación as afirmacións de Iñaki Urdangarín, cuñado do Rei Felipe VI e agora en prisión, cando declaraba que non fixera nada “que non vira facer ao resto”.

E mesmo máis aló destas información, que revelan que se pode estar ante un novo caso de corrupción nesta institución, o Bloque lembra o “nefasto” papel xogado pola Monarquía no caso de Catalunya.

Contra a monarquía e a corrupción, democracia de calidade e REPÚBLICA GALEGA!