Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A familia e a Fundación Franco non só gozan de impunidade, non só gozan e lúcranse de bens roubados. Non só fan apoloxía da Ditadura e do xenocidio franquista. Tamén se permiten pedir penas de ata 13 anos de cadea para 19 persoas valentes que ocuparon simbolicamente Meirás para denunciar o roubo e a impunidade. É urxente limpar estes pozos negros da transición, estas vergoñas da democracia. E é imprescindíbel denunciar a quen como o PP e a Xunta actúan como testaferros do franquismo.