lolo27

LOLO VILLAVERDE DOMINGUÉZ:POESÍA. 3 de outubro de 2017.

Publicado el 3 octubre, 2017 | Literatura

Fun a Santa Margarida

E chegou o derradeiro Domingo de Agosto
e ali me vin,
xente danzando 
e ti cos Alalas por alí
de novo a Romaría
facíame revivir
tempos da festa
que xamáis esquecín.

Santa Margarida enxebre,
pegada na ialma che levo
e cantarche ao ar quero
mentres danzan ao carón de min
isa Muñeira que enchendo ialmas
de sentimentos e ensoños
o vento leva
con gosto e lediza os bailaríns.

As Cantigas, Pandeiros e Gaitas
que van soando,
me levan polo curruncho da vida,
e espido síntome
nun mundo de lediza.

Dende a beíra do mar
hoxe che escribo
co salitre nas mans, son sentimentos dun home pequeno
que ti fax namorar,
Santa Margarida!
Ledo me deixa túa Romaria
nas festas da Nosa Cidade…………
E fasme soñar
nun fermoso mañan ao carón do teu lar.

Fun a Santa Margarida!
Fun a Romaria
cos amigos asidos das mans, levoume
a xantar, cantar e danzan,
e nun halo de agarimos vinme,
os que endexamais olvidanse.

P/D: Romaria de Santa Margarida ano 2017.

Lolo: 27/8/17

————————————————————————————————————————————

Perdinme no tempo

Perdinme no rincón
dos teus pesares
para votar enriba do lombo
as inxurias e aldraxes
que lle impuxeron aos teus falares
e pisotearon con saña e crudeza
durante séculos
as nosas señas de identidade.

Galiza, pobo traballador e nobre
ergue túas mans de ferro
tersas e fraternais,
ao carón da Xustiza Universal
quen che pode negar?
quen se pode arrogar os teus acervos?
Senon somos nós……..Teu Pobo,
Ise pobo esperto que fraguou
co seu andar raices e sentimentos,
isa Etnia ao redor de pedras e mirtos
de ringleiras de corais,
de leiras e montes armoniosos
do verde ao carón de vieiros e camiños,
xa dende moi antano nel vivido.
Nunha esquina da fin do mundo
ao rente das augas bravas dos mares e
montes
fraguose o teu cariz feiticeiro,
fogar dun pobo maravilloso..O Noso..
Fogar de Breogán.

Galiza levántate dos teus cimentos
non esquezas quen es
por moitas trabas que che poñan,
rachemos as barreiras e isos lodos
de tantos séculos
encubertos de opresión…….Negándonos
pois perden por sempre as razóns.,
Quixeron confundirnos
con outra lingua Irmá,
con outras formas alleas do saber, ser e estar
pero o arraigo a terra
é isa saudade e morriña que nos
embriaga a ialma
e pegada a ila
acompañanos de por vida
por moitas mareas vivas que pasen
é o sentir galego da Nosa Terra
e isa bagoa meiga
que che encolle o peito na nostalxia.

Galiza és ti,
e tantas cousas,
que ata soa esperpéntico querer negarte loitemos por recuperar o noso
en pé da gualdade e a liberdade
que dá a longa historia dun pobo
indomable
natureza, usos e costumes dunha nación
que todo mundo respete
o mesmo que a calquer outra.
Que iste novo 25 de Xullo,
dia da Nosa Patria
deixe de ser por fin unha data
reinvindicativa
e seña por sempre o que é na realidade:
Galiza Terra Nosa
de xente feiticeira e agarimosa
do falar distinto coa súa propia prosa,
pobo respetabel e a respetar…………
coma calquer outro
que representan a pluradidade do ser
humán.
en xeral polo ben da Xustiza e Liberdad.

Galiza! Na ringleira do verde mar:
Nación de Breogán
lévote pegada no ser
sendo a sinal da miña identidad
a dun pobo traballador
que endexamais por moito sofrer
dobregarase.

Viva Galiza Ceibe!

pd: Dende o fondo da noite dime o
corazón que algun día Venceremos.

Viva o 25 de Xuño dia da Patria Galega!

Lolo: 25/7/17

——————————————————————————————————————————————————–

Inesquezibel e Maxestuoso San Xoán

E chegou de novo
a miña porta o San Xoán,
e viroume a cara nun sorriso ledo, 
e coma sempre se foi axiña.

Cantas vivencias nos 23 de Xuño
de lediza e desenfreno,
e foron pasando anos
dende pequeno,
canta nostaxia e agarimo
nun entorno nas vivencias belos,
cantas historias contadas,
e Sardiñas fresquiñas xantadas,
feitas no medio das brasas quentes…….

É ao carón da Lúa
todos espidos no medio do mar,
mecendonos nas ondas,
e cos ollos abertos
agochandonos na súa oleaxe
ollando fugaces luces,
que ivan e viñan
nunha velocidade increibel………
De soño esperto.

San Xoán, Festa Lúdica
de contacontos,
de vivencias inolvidabels
para toda a vida
ao carón dos nosos vellos.

Solticio do Vran,
que embriaga nosos soños
facendo o día mais longo,
e a noite de ensoño.

San Xoán……….
Dia onde naceu meu Neto maior,
cruzando os mares
da vida nas entranas,
e nese intre floreceu nesta vida terrea.

Ou San Xoán, San Xoán,
que verdade tes no teu Luar
cando a Sardiña molla o pan.

Lolo: 23/6/2017

Pd: San Xoán, xamais che podrei olvidar navegaches conmigo polos vieiros da vida en medio do ancho mar.

————————————————————————————————————————————————————–

Natureza Viva

A caron do mar hoxe o vin
quixen ser coma o Xilgaro cantarin,
ou ise arbore frondoso que hoxe ollei
detras de min,
é no noso pasado
por nun intre me perdin,
me dixen a min mesmo…………………..
Se xa somos parte deles
dende principios do tempo a seú fin,
quixen baixarme do ser..
…………Non estar,
pero a Natureza me pudo
e me fixo calar e ver,
que xa forma parte dila,
coma un ciclo transitorio………………..
Ou novo tal vez.

Quixera ser isa herba mustia
que pisaches algunha vez,
ou isa formiga esquiva, que rapida se lle ve,
ou ise grilo, grila que grila
nun bo día
facendo unha preciosa melodia………………….
Nun atardecer.

E sei que son parte de ti, Natureza Viva
ainda que non queira
pero posto a elexir…….
Si Podo:
Quixera ser isa quimera
que na cabeza de calquera
busca o soño e ilusion
dun mañán mais xusto
feito realidad na sociedad………….
E en nosos corazons.

Lolo 14/5/17

————————————————————————————————————————————————————-

Naciches en Galego

E naciches en galego
e te perdiches no tempo
na orela da mar
che espero
con un pano branco,
con un pano negro
negro de mil amores,
branco nun desespero
e en mil cores as verbas
nun che quero.

E onte na costa enrriba de mil vidas
miñas verbas se perderon,
con un pano branco doulles consolo,
con un pano negro o meu respeto.

E hoxe as negaches nos teús falares,
por obriga segun ti non as quixeches,
con un pano negro as detestaches,
con un pano branco
se perderon no Ceo.

E agarimei túas verbas como algo fermoso e bello
e as de mil cantares noutras tantas
e cas miñas dixenvos quero.

No se pode renegar dun
se queres amor sincero
e as túas verbas comas miñas e as do mundo enteiro
se funden connosco nos sentimentos,
e riqueza, parte fermosa do ser human
no noso entendemento,
neste mundo imperfecto.

E neste 17 de Maio, dia das Letras Galegas……….
Hoxe nas túas lerias abrigarme quero,
con un pano branco de alento nas mesmas,
con un pano negro no entendemento
que as verbas en xeral,
son costumes, desenrrolo da comunicación, comprensión e nos falares a traves do tempo,
abriguemolas pois en todalas cores do mundo,
por moito que pase o mesmo,
polo ben da humanidade e liberdade,
por isa riqueza no deambular do alento
que como halo de espranzas
salen das nosas linguas e signos,
para ser mais xustos, libres e honestos,
nese mañan incerto e as veces funesto.

Me gosta Calderón, Curros, Shakespeare, etc,
son parte do mais fermoso dos versos,
e que abriganme e abrigaran sempre noso ser e intelecto.
Soio pido por todo isto Respeto,
Vivan as Letras Galegas…….E as do mundo enteiro……
Con un pano branco,
e con un pano negro e en miles de cores as verbas quero.

Lolo :17/5/17

(Foto portada Romaría de Sta. Margarida — con Carmelo SeoaneLolo Villaverde Dominguéz en Parque de Santa Margarida.)

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *