Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Verbas de Álvaro Dorda:

https://www.facebook.com/alvaro.dorda

Isto non é unha coña. Lolo empezará unha folga de fame mañá no seu local, o Área Crítica, porque non lle deixan traballar. Está disposto a chegar ata as últimas consecuencias… E a xuntar firmas nun libro durante a sua protesta activa que presentarase as autoridades pra a modificación da normativa.
E unha mágoa que un bo home, unha persoa que non fixo máis que traballar na sua vida teña que chegar a este extremo porque non lle deixan gañarse a vida e quedar totalmente desamparado. E inda por riba cando casi xa tiña que estar ben xubilado e poder disfrutar dun merecido descanso despois de ter loitado (e aturarnos, Lolo, que ben sei que as veces non é doado) todos estes anos.

Moita Forza,

Lolo

! E tamén o resto da hostalería e outros sectores afectados gravemente por esta persecución absurda, arbitraria e sen sentido que o está facendo pasar moi mal a moitas familias.

Dende eiqui todo o meu sincero agarimo e apoio total pra todos vos.
Ogallá nos escoiten e se atope unha solución moi pronto.
Xa paréceme a cousa grave de máis cando se chega a isto… A situación xa ten que ser insostibel.
UNHA INFORMACIÓN DE “La Opinión A Coruña”

“Se me van matar de fame, que o pobo o vexa”

lolo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Manuel Villaverde, dueño de Área Crítica. // Carlos Pardellas

Manuel Villaverde Domínguez leva 35 anos “suando a camiseta” para levar adiante o seu pub Área Crítica. Cando o fundou, porén, non agardaba que o nome remataría describindo a súa vida. Hoxe ten problemas para pagarlle os estudos á súa filla, porque ese diñeiro cobre agua, luz e aluguer dun local que non está a usar. Aos seus compañeiros xa lles comentou o que fará se a situación se agrava. “Antes de pechar, póñome en folga de fame na porta do bar. Se me van matar de fame, polo menos que o pobo o vexa”.