Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
LOLO VILLAVERDE RODRIGUEZ.
Caudillo – Anarko do Área Critica (Rúa Orzan 21, A CRUÑA CIDADE – ESTADO DA GALIZA.
O Dono de barra fixa máis perigoso das GALIZAS.(educación, educación e máis educación)
No Meu Camiñar!
No vieiro ao rente
dese mar bravío
na rompente
das ondas do mar
ía paseniño
co meu cantar.
E asubiei
con forza no ar
espido de sentimentos
nas añoranzas
ao lembrar
que ao lonxe
nese horizonte gris
vagaba o meu soñar.
Me fun apresa
e nun fondo suspiro
cos beizos abertos
a escuma salgada
das bravas augas
asombraban
os meus sentidos.
E chorei na felicidade
ao ollar o porte
de tanta grandiosidade,
Natureza viva!
Quen non che sinta
esta fenecido en vida.
E fíxoseme de noite
axiña,
como cada dia,
e ao ollar o Ceo estrelado
ao carón dos soños
perdinme de novo
no meu camiñar….
Por ise sendeiro angosto
que me firen as carnes
e rachanme a roupa
de mirtos e toxos.
Que me fan sentir libre
Neste mundo imperfecto……..
E maravilloso.
Lolo : 18/2/21.
————————————————
Froito Verde Hoxe!
E Mañán!
Coma o froito verde
coma o verde campo
coma o verde olivo,
asi te vexo verde
froito de ensoño,
ao libre albedrio.
Coma isa pomba
de alto voo
asida nas polas
e sen rumbo fixo.
E mañá !
o mañán e incerto
ti saberás asilo… Seino
o tes agarrado forte, moi forte
pois nel vai
o teu destiño.
Non desesperes,
nin o olvides nunca
pois co tempo todo chega,
e ti dabondo o tes,
é coma froito verde
nisos intres
agarimareite
no teu designio.
Non añores nada
xa o tes conseguido,
coma transito
nesta Natureza Viva
xa o tes vivido,
no vagar das alondras
vas fraguando
o devir futuro
con ahinco.
Coma o froito verde,
coma o verde campo,
coma o verde olivo,
asi te vexo
froito de ensoño
que quitas a fame
no mundo
verde e ao libre albedrio.
E o mañá !
Si no mañán,
que será de ti froito pequeno ?
Prendido da pola
dunha :
Árbore Maxestuosa,
vexote.
E co pasar do tempo….
Froito verde!
As de madurar
e rolaras polo chan
neste mundo finito.
Lolo : 21/2/21.
—————————————-
A Miña Avoa! Maruxa
Contrastes!
Invádenme hoxe na vida,
pesares e alegrías
recordos fugaces
de outra vida,
nos avatares da miña.
Vexo a miña infancia
naquela casa vella,
ao carón daquela
cociña de carbón
nun dia da comunión,
miña Nai e miña Avoa,
unha festa me facían.
Que ricos aqueles
fritos e churros,
que feliz fun ese dia,
dia coma outros moitos
que a miña Avoa
regaloume en vida.
Que pouca memoria teño,
pero hai cousas
que xamáis esquecense
e o agarimo
que fixechesme
notar sempre
impreznado vai en min
mentres exista.
Quero recordarche alegre
por sempre,
e hoxe doulle
un repaso a miña memoria,
na nosa convivencia querida.
E olvidar
os teus últimos intres quero,
da vellez dexenerativa,
dise sofrimento
que arañouche
no teu fin….. O Ser,
nos halos finitos de vida.
Sorrindo!
Vereiche sempre,
con aquel traxe negro e gris
e as túas pernas torcidas,
e o nariz respingona
que tanto me decía,
daquela vitalidade
nisos ollos pequenos
e algo que un xamáis olvida.
Co pesar na miña tristura
hoxe,
por ollar
o fin dos teus dias,
saberas!
Que estas sempre conmigo,
acompañandome no dia a dia,
e no meu pasamento
nos ollaremos,
para seguer queréndonos
na outra vida.
Grazas!
Por facerme tan feliz..
Avoa Maruxa.
Mándoche!…
Un Querote.
Ao carón do ar
miña Avoa Querida.
Lolo : 21/2/21.
—————————————-
Ao fin Libre!
Na pendente
da Terra moura,
enriba dun gran penedo vinte,
ían voando os soños
ao carón das herbas,
mirtos e fiunchos.
Nese vieiro angosto
case esquecido
unha tarde de nostalxía,
erguinme forte
no voo dun paxariño
ao fin libre me dixen
e no seu voo novo
otei o horizonte
xamáis visto
Chasca, chámase.
E ao fin libre!
Sentinme,
e alí vinche!
Coma algo esquecido
no medio dun soño
con areas de cristal
por baixo do lombo,
no crepúsculo
dun atardecer de ensoño.
Lolo : 27/2/21.
———————————————
Adeus ao Verso!
Quíxenlle!
Dicir adeus ao verso
pero non puiden,
quixen namorar no vento,
e as verbas
perdéronse conmigo
no medio do Universo.
A orela da praia
non me veñas a buscar,
pois xa non son
semente nova
que navega pola mar,
ise ente bravío
que co seus embates
nas costas
chéganos a deslumbrar
ata os sentidos.
E o fulgor radiante do Sol
misturado coas
ondas polo ar,
fixéronme soñar esperto,
co seu bulir e asubio
que vai enchendo
os meus oidos,
nun sentimento
case perdido, esquecido.
E tembrábanme as verbas.
Neses intres,
que a favor do vento enarbolei,
coma unha Spranza nova,
viva e inqueda …
A ilusión de calqueira,
que xamáis esquecerei.
Lolo : 22 /2/20.
—————————————–
Nas augas do Rio!.
Noutra noite pechada
e de Estrelas
acouguei no seu brilo
ías alumando os pesares
dun mundo escondido.
E ti Lúa chea…
Embargábasme!
No ensoño ao verte
nese Ceo estrelado
sin o teu propio brilo.
E eu no camiño do olvido
ía dando pasiño a pasiño,
e ise manantial pequeniño
no craro-escuro da noite
resplandecente coma ser vivo.
Nel!
Bebín sempre
para calmar a sede
do Ser e a alma
coa súa dozura e agarimo
nunha noite de frio.
Nese intre!
Arranqueime
os pesares,
e o meu sorriso
reflictiuse e perdeuse
por sempre
nas augas do rio.
Lolo : 2/3/21.
————————————–
Nos Soños!
 
Ao carón
dun forte vento
ollei a través
dos cristais da vida,
e rompín a soñar desperto
cando un máis o necesita.
 
Na rompente
das ondas do mare
naveguei por un dia,
surcando os pilares das mesmas
coma unha bala perdida.
 
E no Crepúsculo
dunha tardeciña
isa que naide esquece,
abrigueime nese intre
nas ondas dos tempos,
para amanecer de novo
cun forte brilo
sendo soio unha caricia.
Lolo: 7/3/21.
———————————————————
A ti Muller !
E alén do mar,
abraiado no recuncho
co pasar do tempo,
a vida ía esmorecendo
na figura
daquela Xoia da Natureza……..
De Muller!
Serea e fermosa,
co ser cangado
de bulir sempre
co xeonllo ergueito
de patear nas ás do vento
ata florecer de novo.
E as veces
con bágoas nos ollos
ante tanto sofremento.
Ela, Muller !
De miles andares vividos,
feita nun crisol
do Sol ardente e ventos
furacanados………
Mágoa nun leito.
A ti Muller !
En cantos avatares
da vida quixeron
cercenar de raiz os teus berros,
e vos Muller !
Coa máis sinxela
entereza sempre,
defendícheste.
E nun intre acuarelas todo
amansando as feras
diste mundo imperfecto,
que tanto dano fixo
e fai aos nosos semellantes
e ancestros………
Muller !
Millóns de cores aguerridas
acompañan o teu ser
coloreando con lediza
os quereres na vida ………
Polos que vos o dades todo.
Muller !
És Natureza viva,
un Ser do máis increibel
neste Infinito Universo.
A ti Muller !
Quen poidera encumbrarte con verbas,
pois non hai as suficientes
nin no Ceo nin no Inferno
para homenaxearte no certo………..
Hoxe tiven que espertar,
o meu ser femenino…………
E poder expresar o que sinto.
PD. : MULLER !
Hoxe olleivos de novo.
E pola miña faciana reflectíase
un sorriso de lediza,
ó saber que sempre estas aí………….
No vieiro angosto da vida,
volcando o voso ser
con máis ainco ca nunca,
coma fiseches sempre e se di…….
Asindo ao toro polos cornos !.
Lolo : 8/3/19.
————————————————
Polos ! Vieiros da Vida
Zoa forte o vento
e enriba dos penedos
a auga salgada
salpícaos a mares,
e susténtanse no ar
as gaivotas
sen mover as ás
ao rente das augas bravas.
E nese intre
din unha reviravolta
nos meus andares,
para perderme
nun vieiro vello
case esquecido,
que no medio dos matoxos
acouganse as pisadas
dos seres humáns
que durante moitas vidas
ahondaron nos mesmos.
Foi unha tardeciña
de ensoño
pois fun pisando
no ringleiro do mesmo
coma si descubrira
algo novo,
cando de sobra sei
cos sendeiros na vida
non se fan soios.
E andaba a cantar o merlo
dando saltiños polo chan
e no pinar piaban
uns paxariños
que co seu piar
ían alegrándome os sentires,
nas reviravoltas
dos meus andares
polos camiños
e case perdido.
Que feliz sentinme
por aquel vieiro,
hoxe case esquecido.
Ía tan axiña
coma se fose un rapaciño.
Lolo : 13/3/21.
—————————————————-
Transito a Natureza!
Fermoso! Ceo
vinte de mil cores
tantas veces.
Que maravillas! “Nos tempos
e sin ti
non existo.
E nos rincóns
plateados do dia
ía paseniño
con isa luz deslumbrante
coa súa calor na faciana
que tanto agarima.
Hoxe sentinme marino
e por un intre
encarei cara ao barlovento
da vida
asindo firme o timón
rumbo a isa estrela brilante
que vai marcando
no Ceo
a maravilla do Universo
que engrandece os ollos
cando o miras.
E arribei a isa costa
onde acougan
as almas perdidas
que nos avatares dos tempos
foron quedando esquecidas.
E pensei nun segundo
por que? Todo se olvida.
E xa en Terra firme
hoxe son fiuncho,
cando o grilo
grila que grila
e nace enriba de min
o campo verde e as magaridas
facendo un compendio
no meu espacio novo.
Isa Primaveira!
Que maravilla,
isa que seduce
os despertares e sentires
de calqueira
que os vexa e os viva.
Lolo : 16/3/21.
—————————————–
A Árbore! E o Vento
Silandeiro.
A Vella arbore!
quísome falar
pareceume a min
e non o entendín,
igual falaba co vento
agora que oin
o seu lamento.
Supuxen que decialle.
Estou espido sen follas
e ao ter a boca grande
suspiró no ar
ao carón do mar
e as veces a auga
do mar brava
coa súa salmoira
salpícame na gorxia.
E o vento
nese intre
zoaba forte
coma se pasara da arbore
ao non poderlle
abanear as follas.
E aló foise axiña
o vento silandeiro
co pasar do tempo
ao chegar a Aurora.
Lolo : 20/4/21.
——————————————–
A meu Vello, meu Pai
Imaxínote nas obras
con nove anos
levando e traendo ladrillos.
Ensináronte que un home,
se viste polos pes
sendo ainda un neno,
pero te fuches dando conta
que na vida o respeto
a os demais e un mesmo
é o máis importante
que calquer outra cousa.
Eras unha persoa
que amaba a Terra,
pois despois de bourar a reo
co ladrillo diario,
te ías sachar na horta.
Tiñas paixón pola Terra,
e seino,
por ver crecer as prantas,
que agarimabas
coas mans
coma froita de ensoño novo,
que asomaba da Terra
despois dun traballo ben feito.
Fúcheste
case sen darte conta,
deixando no ar e no ser
de moita xente
o teu canto!
Fermoso e feiticeiro,
dende as panxoliñas as coplas.
Véñenme a ver
nestos intres
recordos inesquezibels,
nos bares
cerca do teu lar
que ata as camareiras
cos seus A La Las,
nos teus cantos
acompañábante,
e eu ao teu carón…..
Embelesado !
Disfrutando coma un neno.
Grazas meu Pai!
Por todo o dado
e feito por nós,
nalgún caso,
foi difícil o teu cometido
e fixéchesde
o indecibel
por solucionalos,
e a día de hoxe
agradecidos estamos,
a toda túa vida
de enseña e valía,
e disculpanos por as veces,
que compricamos
a túa loita diaria
polo ben!…..
Das nosas vidas.
Pai!
Das miñas bágoas
caeume un reflexo
nas mans.
Canto esforzo e lediza
vin no mesmo
por un soño traballado.
Que ainda
que mil vidas vivise,
non tería folgos
e agarimos para compensalos.
P/D: A meu Pai!
Jose Villaverde Corral
sempre conmigo
no ser e corazón
Señor Ricardo.
Lolo: 19/3/15.
————————————-
Volveu a Spranza!
Quixen explaiarme
a mares
e as verbas
non saíanme.
Quixen andar a presa
polo mundo
e o seu ritmo
xamáis o collía.
Ollei ao Ceo
nese intre
e ao redor das lerias
mil cabalas me fixen
e moi a gosto sentinme.
E veña andar
hacia ningures,
vin por riba do lombo
todo o camiño andado
nesta vida,
e que gratos recordos traianme.
E unha bágoa
asomaba polo meu iris,
polos ingratos recordos
que xamáis esquecín.
E din unha patada
no ar
sacudíndome o desconsolo,
decíndome a min mesmo
hai que tirar
para adiante
outra vez
como seña
e empezar de novo.
E un sorriso
na faciana
volvía asomar,
pois a spranza
vai da man
conmigo sempre,
esta latente
e nunca a añoro.
Lolo : 26/4/21.