Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Adicado a Lolo, o home que ensinoume dúas verdades:
Rubém, as cousas non se fan por collóns, se fan por CONCIENCIA.
Moita xente confunde SER CEIVE, A LIBERDADE coa LIBERTINAXE.
GRAZAS Lolo Villaverde Domínguez (Rubém Novo)
Posto a Filosofar!
Quizais o tempo
desaparezca un dia.
Tal vez o Infinito
non exista.
E nun intre o silencio
se desvaneza.
¿Tendrá pois algún sentido
nesta Terra,
a túa existencia ou a miña?…
Que pendentes
dun suspiro no tempo.
“Infinito”?…..
Tornaremos nos silencios.
Por que?
Tan difícil
é a vida entón,
cando todos sabemos
que axiña pasa,
e que moitos
nin tempo tiveron
a saboreala.
E moitas veces
pola Inxustiza “Humán”.
De verdade e tan simple?
Formar parte do Cosmos
coma Polvo Estelar….
Para no seu brilar,
non sentir,
nin Ser nada.
É posto a filosofar!
Nin algo sórdido
e nin siquera
penso significativo,
tanto sofremento vivido…..
Para fenecer
axiña no tempo
e endexamáis
voltar a sentir
neste………
Fermoso Universo!.
Lolo : 3/8/11.
——————————————-
Contrastes!
Hoxe !
No crepúsculo da mañán
asomaba a vida,
ise horizonte
cheo de ilusións
e de nova spranza,
cando o seu halo de luz
resplandeciente
petábame na calva.
E sorrín!
Por un segundo
ao notar
ise fulgor maxestuoso
percorréndome polo ser
con isa calor que entraña.
Amalgama coa Natureza!
Sentinme por un intre
nese crarear da mañán,
e de súpeto volvín
a sorrir
mentres paseaba.
E despexouse o mencer
nun dia de claridade
vivida e que asombraba.
E nese mar bravío
que habitaba
ao carón del,
vinme ao lonxe espido
chapoteando
nas súas augas,
coma perdido,
feliz e contento
disfrutando disa
liberdade soñada.
E estremecinme na friaxe
disa auga salgada.
E de novo ise Crisol
dun Sol desperto
de pleno,
cegábame nos ollos
acariñándome a calva.
Son contraste!
Dista vida……….
E ás veces tamén soñada.
Lolo : 12/6/21.
—————————————–
Galiza! Fertil e Feiticeira.
Decía o vello cantar :
Na beira do mar
hai moito que ver,
e eu penso
que no fondo dos Vals
tamén
e si os ollas ben
ves pasar os ríos
forxando as árbores
e aos campos verdes
por doquier.
E outra pincelada na música
tamen di :
Galiza terra querida :
E en verdade
a ti dígoche…..Si a ti,
Pobo Galego!
Si me queres escoitar.
A Nosa Nai Galiza
é fértil ata nos soños
que un tivera
e si souberamos o ben
das súas riquezas
sobor de todo
as da terra
nos enconmendaríamos
a ila.
E o Pobo Galego! Traballando nelas
con dignidade sen máis,
nos sacudiriamos
para sempre…….
As nosas miserias.
Lolo : 17/6/21.
———————————————–
Inesquezibel e Maxestuoso!
San Xoán.
Petou de novo
na miña porta
a noite do San Xoán!.
E veume un sorriso ledo
a faciana,
e isa noite máxica
foise axiña
coma sempre,
deixando pegada
na miña alma.
Cantas vivencias!
Nos 23 de Xuño
de lediza e desenfreno,
e foron pasando axiña
os anos
dende pequeno.
Canta nostalxia e agarimos
nos San Xoáns
disfrutados e vividos
nun entorno
de vivencias únicas
e belas,
cantas historias contadas,
e Sardiñas fresquiñas
xantadas,
feitas no medio
das brasas quentes…….
E nalgúns San Xoáns!
Ao carón da Lúa
coa noite pechada
todos espidos
no medio do mar.
Afundíndonos
nas ondas do mesmo
cos ollos abertos
agochándonos
na súa oleaxe
ollando fugaces
e brilantes luces
que ían e viñan
nunha velocidade
increibel………
De soño esperto!.
San Xoán!
Festa Lúdica
de contacontos,
de vivencias inolvidabels
para toda a vida
ao carón dos amigos
do barrio e outros moitos
e dos nosos vellos.
Solsticio! Do Vran,
que embriaga
nosos soños.
Facendo o día máis longo,
e unha noite de ensoño.
San Xoán……….
noite onde naceu
meu Neto maior….. Aitor,
cruzando os mares,
isos das entranas da vida..
Da súa Nai Galiza….
Miña Filla querida.
E nise intre
floreceu!
Un neno do máis fermoso…..
Nesta vida terrena
ao cual adoro.
Ou San Xoán,
San Xoán!
Que verdade
tes no teu Luar
cando a Sardiña
brila no mar,
e no seu xantar
mollano – lo pan.
Lolo:
23/6/2017
Pd:
San Xoán!
Noite de ensoño,
xamáis podereiche olvidar
navegaches conmigo
polos vieiros da vida
en medio dun ancho mar.
—————————————————-
Forxando un Futuro… Finito.
Pero mira que choveu
ao longo da historia,
e mollouseme o Ser
tantas veces,
que a dia de hoxe
por moito que chova
xa non pingo
nin gota..
E mira que chorei
a mares
nesta vida que asombra,
ás veces coa risa
outras de pena e groria.
E millares de avatares
vivín nos pasaxes
dun camiñar florido
e nalgún del
ata no deambular
ía perdido,
forxando un futuro finito
que en moitos intres esgotan.
Por un dia,
senteime a refrexionar
naquel banquiño vello
na sombra.
Onde o meu Pai o facía,
e oinno no silencio do ar
e abraiado quedeime
i el decíame……..
No meu pensar.
Fillo
a vida e unha constante
chea de caricias,
e quen non as da
no seu camiñar
el so perde
coma unha fror marchita.
Entón recolle os feitos
os disa man
que acariñoute sempre,
fai dela unha caricia eterna
e agarima por doquier
aos teus semellantes,
ainda que a vida
as veces te aflixa.
E nos veremos,
aló no son do ar
agarimándonos……
Ata que o Ceo
ise maravilloso Ceo
se faga cinzas.
Lolo : 26/6/21.
————————————-
Ata o Fin ! Da miña Existencia.
Hoxe!
Zoaba o vento
removéndome o cabelo
e o alento,
e nese intre pensei
para min
botando unha gargallada
no mesmo.
Si xa
non teño pelo,
nin me despeino
por moito que sople o mesmo.
E penso?
Cara os meus adentros.
Funche presumido,
ao ollarme
no espello da vida.
Coma ise tirillas
que vai dando saltiños
na mesma
e nin se ruboriza.
Sen embargo
sonche timido
coma ese corazón
que viaxa escondido
e que sempre palpita.
E dígolle ao oido,
a todo aquel que mo sinta.
Sonche
un refrexo olvidado
enchido de agarimos
e ledizas,
que hoxe vivo
e comparto contigo
ata o fin
da nosa existencia mesma.
Lolo : 4/7/21.
———————————————-
Isa Árbore ! Maxestuosa.
No recondido do Ser
e do bosque estabas ti,
soño de mil amores
arraigada ao chan,
isa árbore maxestuosa
fornida e frondosa
de mil tempestades vividas.
Coas raices
ao chan rendidas
dende onde flue a vida
ata a punta das follas
e súa semente nova
asoma
nun vaiven
cando o vento
acaríñanas
que Namoran.
E quixen abrazarlle
cunha grande aperta
e a realidade da vida
díxome…..
No silencio do bosque
a onde vas meu home
non ves que o seu contorno
e un mundo
que abarca mil vidas
e si el poidera contarche
ata onde medran
as súas raices
nesta Terra……….
Contariache!:
Vivencias!
A miles
das almas esquecidas,
que pisaron
as follas
que rolando ian
pola terra mesma
en calquer Outono.
Deixando pegada nela….
Infinitas.
Lolo : 7/7/21.
——————————————
E As Verbas! No ar.
As verbas!
Son o refrexo dos tempos
as cales as leva o vento,
son isas que nos asisten
en cada momento.
Con ilas dígoche adeus
ao despedirme de ti.
E ao ollarte de novo,
e xa vai tempo
que non che ollaba,
un hola de alegría
nese encontro.
E o refrexo!
Do Sol,
na auga brava do mar
me di co seu son
ao obserbala,
anda con ollo
que as augas critalinas
embelesannos
co seu refrexo,
e coa súa bravura
nun descoido
pódenche
levar mar adentro.
Entón as verbas!
Surcarán…..
Nas ondas do ar
pedindo arrolo e auxilio
nun desconsolo.
E si esto e eisi
que me xante
o Demo.
Eu a nadar a reo
e a disfrutar
das ondas do mar
ata que o meu silencio…..
Fágase eterno.
E as verbas
se vaian conmigo…..
Mar adentro.
Lolo : 12/7/21.
————————————-
Zoa! O pasar da vida.
Ata o recóndido do teu ser
Miña Terra,
fun ollarte algunha vez,
e vin montes e vals
ao carón das aldeas inesquezibels
en calquer atardecer.
E nas noites pechadas
otei as Estrelas,
e alí estabas ti…
Meu lar
coa fructífera terra
no medio delas.
E mira que din voltas
e máis voltas
no ar da vida…..
E case sempre
caín de pe,
tamén reviravoltas
nos soños….
E non sei ben por que?
Pois case nunca os fraguei.
Funme co meu andar
paseniño na mesma
ollando o alén.
E mil bicos din
no pasar do tempo…
Miña raiña
para ti tamén.
E hoxe a vida dun
vaise no zoar dos ventos
tan axiña,
que por moito
que queiras que pare..
Xamáis se detén.
E a rolos
vas formando parte da Terra
coma gran de area novo……
Nun distinto amencer.
Lolo 17/7/20.
————————————-
O Son! Dos Mares
E cinguiuse!
O Ceo e a Terra.
E un lóstrego
batíase
na ventá aberta do tempo,
co seu haz de luz
nun quebranto
do Inverno.
E as enrugas na frente
nos rebumbio
das olas do mare,
e eu mecéndome
nos soños contigo.
Coma ise Cormorán
que se sumerxe
e añora
as túas augas bravas
no fondo das ondas.
E eisi ia
no meu soño esperto,
coas vivencias que amolan.
E ao lonxe
brincando vas ti,
increvantabel
e maxestuoso óceano
co zoar dos ventos.
E ise bulir dos mesmos
chegou a min
coma melodía entrañabel
co seu soar paseniño…..
Sempre constante
e impertérrito
E aló,
no confín
do Ceo e os Oceanos,
pérdesteme no horizonte
e xa non che oio.
Pero camiñas co teu Son.
Ata a morte………
No meu corazón.
Pd :
A Vos : Xentes do mar e Mariñeiros !
Afundidos no Son dos mesmos.
Co meu agarimo e respecto.
Lolo : 20/7/20.
————————————————
25 de xullo, dia da Nosa Patria.
Ao tempo das Bolboretas
que voan de fror en fror
emerxiches na miña alma
na nostalxia dos eidos e montes,
nos que en parte
os froitos frorecen
dende o Sur ao o Oeste,
e do Este ata o Norte.
E nos areaies das túas costas
o Crisol da mañan asombra.
Nosa Terra! Galiza
ceibe e feiticeira,
erguida na beira Atlantica
ata o rente do Miño
o cal co seu cauce sempre……
Namora.
Máis aló
dos seus montes e vals…….
E verdes camiños
onde todo frorece,
e canta a Alondra,
A Nosa Terra Amada!. Galiza!.
Mentres as nubes
do Ceo choran.
Galiza!
Millons de sentimentos acougas
coas vivencias e lembranzas!.
Do teu Pobo Galego!…
As nosas.
E hoxe
outro 25 de Xullo
petoume na facciana.
E os usos e costumes
dos nosos ancestros
foron forxandose
na Nosa Terra Amada.
Facendo chaga e seña
no teu Pobo Honrado, Traballador e Nobre
onde os houbera,
e que durante
moitos séculos
os máis Túzaros
quixeron asoballala
e sometela.
E hoxe!
Ergueitos cos pes na Terra,
nosos paisanos ao ar berran.
Viva Galiza Ceibe!.
E enarborando a nosa enseña
que de branco e azul celeste
cubre o Ceo
neste 25 de Xullo.
Dia reivindicativo
e de Xustiza….
Ao carón da Nosa Querida Terra.
Hoxe 25 de Xullo!
Ao Son dunha Muiñeira,
celebramos o dia
dunha Patria Anterga.
É unha Festa reivindicativa…….
Por ser libre, xusta e certa.
Galiza!
Teu pobo xamáis rindese,
es ti o máis grande
cun Galego
quere e sinte………
Mais aló
do Confín da Terra.
! Viva Galiza Ceibe !.
Libertaria e Feiticeira!.
Hoxe, Mañan e Sempre….
E nun 25 de Xullo! Calqueira.
Lolo : 25/7/21.
—————————————
No Ar!
No ar!
Vin a vida
pendente dun fio,
ollei ise sorriso desperto
que abriga o agarimo,
e lonxe moi lonxe
a spranza despois
de todo un sacrificio,
caer no vacio.
E me fun paseniño
ao carón do rio
polo vieiro da vida
case esquecido,
atopando un compendio
de inquedanzas
isas que dan abrigo.
E quixen mirarlle a cara
a calqueira
sen agochar o meu suspiro
e brilabanme os ollos
na nostalxia
despois de tanto sacrificio.
Roubáronolo pan
e se van de rositas
a onde habitan as formigas
e coma a Nós
a pisalas
e acabar con elas
sin ningún motivo.
Nunca quixen
a mentira
ao meu carón.
E istos malditos Seres
falannos de mil cousas
coa súa verborrea fácil,
míntennos constantemente
e nin se ruborizan
ante calquer atrocidade.
Eles…
A súas festas
e a disfrutar a reo nelas
cos nosos caudais….
Sen importarlles
en ningun intre
a vida de naide.
E Nos!
A seguirlles o xogo
a todos iles,
inda que endexamáis…….
Calqueira das adversidades
padecidas ou plantexadas….
Por Nos!
As arranxen.
Lolo : 18/8/21.
————————————
Nisos Vieiros da Vida!
E chegou!
O sosiego añorado
nunha tarde de ensoño
a beira da praia,
e vinche relumbrar
nas cunchas do areal,
fermosa auga salgada.
E co seu humedecer
saltaban os bichiños
entre as cunchas
ao rente da auga,
coma se o maná
da vida aflorase
no intre do dia a dia
nunha liberdade soñada.
E me fun andando
polo bieiro da vida
nunha disas tardes
que embelesan o alma.
E abracei a mares
os tempos
nisa liberdad desexada.
Nela vinme facendo
amalgaba coa Natureza,
e xa parte dela formaba,
que co zoar dos ventos
e tempos nos chama.
E a terra cheiraba a mar
e tamén a herbas
perdidas e podrecidas,
nese tempo vivido
que un leva consigo….
E que esquécense
e olvidan
nisos vieiros novos….
Da outra vida.
Lolo : 18/8/21.
—————————————-
No Berce do Val!
Zoa forte o vento
acariñando o tempo
nun intre calqueira,
e ao carón do berce do Val!
Asoma de novo o Outono
o cal pasa zoando
a fume de carozo.
E os Castiñeiros
cos seus ourizos
a rolos
polo chan
ían causando asombro!.
Tempos
de infinitas lembranzas
e recordos,
que surcan as manciñeiras
cos meus pensamentos
de ensoño,
cando de rapaces
matábamo-la fame
cos seus deliciosos froitos.
Quixen gritar no ar
coidado alí ven o dono
e botar a correr con todos,
pero xa non estaban
os meus amigos do Outono…. Que mágoa
pensaba eu…. Xa non á,
están soio
nos meus soños.
E zoa axiña o vento
acariñando o tempo novo
e asomabase outra vez
polo pinar
o fermoso Outono.
E no berce do val!
No seu deambular….
Coma sempre
pasa todo
a fume de carozo.
Lolo: 4/9/19.
———————————–
Onde os Lavadoiros!
Os Lavadoiros !
Onde antano vivíanse sentimentos,
e perdíanse para sempre
os soños
que calquer dia esvarabanse
na auga fria
dos manantiais.
E Vos a moita honra
nos lavadoiros
frota que te frota,
dende o albor do dia
ata o atardecer das sombras,
dunhas vidas!
Que no acontecer do dia a dia
case naide
olla ou escoita.
Mentres,
os compañeiros! Da alma
surcaban os bravios mares
máis aló da Marola,
por un sustento
que moitas veces
nin enchían as potas.
E funme paseniño
coma quen non quere a cousa,
e os Lavadoiros antergos
quedaban atrás
cos soños
que xa non se contan……………….
Cubertos de herbas,
mirtos e follas.
Lolo: 8/9/19.
———————————–
Lagoa de Baldaio!.
Hoxe batín de fociños
nun sitio novo para min,
e na lagoa de Baldaio vinme
perto do meu lar,
ía toda ela enchida de vida
dende os seus areais
cheos de bivalvos
a súa costa.
E entre graznidos
e gorjeos vinme,
ían espallándoos polo ar
patos e pombas,
mentres no meu camiñar
escapabaseme
un silvo no mesmo
enchido de groria
cando polo entrañable
bieiro paseaba,
no medio da lagoa.
Quixen cruzala
ata a orela do Val,
e as cristalinas augas
decíanme
no rebumbio das ondas,
onde vas, meu home
onde vas,
non ves que eiquí
mandan as augas
dos manantiales e do mare,
que son as que fan os lindes
a seu antoxo,
e non ai quen as pare.
Eu sorrín!
Para meus adentros
e veume a visitar
nas lembranzas,
un feito antergo, vello,
ao ollar nas augas da lagoa
o meu refrexo
e o dunha Alondra,
Entón recordei.!
Aos Homes e Mulleres
disas aldeas
fai moitos anos
loitando moi duro
por conservar istos encoros de ensoño
os dista lagoa bella…..
A de Baldaio!
Un disos lares
que sempre namoran.
E o meu respecto e gratitude
quero mostrarlles
con istas verbas
ao carón das augas,
hoxe critalinas
grazas a súa loita incomendiable
a prol da lagoa.
E en mil sitios máis
para retornar
a Natureza viva
a seu sitio.
E que nunca máis
intereses espúreos
as expolien e as maltraten
Grazas!
Homes e Mulleres!
De Baldaio e redores,
pola vosa loita xusta
alo polos anos 70,
ao carón da beira do mare
por defendere…..
A Lagoa de Baldaio
e seus areais.
Lolo : 22/9/21.
—————————————-
Efímera é a Vida!
Hoxe vinlle as orellas
ao lobo,
e a miña Nai
a través da luz da ventá
vina de novo,
e a meu Pai naquela curva
de ensoño o recordo!
Onde cruzábanse
os sentimentos
calquer tarde,
que hoxe en dia tanto añoro.
E seguín rolando pola vida
ao carón dos doce recordos
ía coma bala perdida
sen sair do meu asombro,
nunha preciosa
tarde de Outono,
disas que ao caer a noite
danche escalofrios no corpo.
Que efimera e paxaseira
faise a mesma
voa nun intre
coma se fose un soño
e cando despertas delo,
xa tes enrugas na testa
me coma o Demo de novo.
E pasa a vida dun
tan axiña
que calquer dia
navegas ti xa,
coma Ser Querido
na chencha dos outros.
Lolo : 28/9/21.
————————————
Illas Cies!
A friaxe do mar
nas túas augas
agarimaba
o meu ser e a alma.
Os teus recondidos paraxes
e as túas hostes esquecidas
no tempo por min
ao carón dese faro antergo
que nas noites pechadas
aluman no Ceo,
Hoxe viñeron a min
a despertar de novo
os meus ollos,
nun deslumbrar de ensoño.
Canta fermosura xunta!
Nos rebumbios das ondas do mare.
Cies!
Canto tempo vai xa
da primeira vez a hoxe.
E antonte volvín a ti
cos brazos abertos,
para asirme forte
moi forte a túa beleza.
Esa Natureza Viva!
Que sorprende a todos,
por isos vieiros
lúdicos e angostos
onde camiñar paseniño.
E a boca ábreseme
nese intre de admiración
de par en par
ao carón
do meu andar
polos teus lares….
Ao descubrir ise mundo
infinito e fermoso!
Nun lugar tan pequeno.
E as maravillosas
praias e montes
que resplandecen
cos seus areais e verdes.
Isos menceres
coas postas do Sol
que embelesan
nosos corpos e almas.
A beira do umbral
dos nosos lares,
case a un palmo
das nosas narices,
isas augas cristalinas
dun mar bravio,
cuns areais de ensoño
feitos a traveso dos tempos
por millóns de vidas
e cunchas…
Me faltan verbas!
Para poder describirche.
Oh Cies, Cies!…..De novo
na miña alma
pegada deixaches…..
E perxuro que nunca máis …
Volverei a esquecerte.
Lolo : 18/9/16.
————————————-
Onde Vas Rapaz!
Esta tarde o bulir do mar
fíxome pensar
cantas veces
mecinme nas súas ondas
e soñei desperto.
Embriagoume!
Sempre co seu ser
ao carón dos ventos
e ía mecéndome
nas súas hostes
mar adentro,
e ás veces por un segundo
case me perdo,
máis a friaxe nisos intres
recordoume,
a onde vas rapaz
non ves que non formas
parte do mare
e nel podes perderte
por sempre
ata o confín do Inferno.
E tal a libertade
que un sinte
que nel me perdo,
ata que a realidade dime.
Vaite fora das augas
dunha puñeteira vez
ou queres fenecer
antes de tempo.
Non ves
que as ondas do mar
veñen e van
e baten nas rochas
e rómpense nos areais.
E ti non formas parte delo.
soio os teus soños
van da man contigo
ata facerse realidade
algunha que outra vez…….
Ou desaparecen.
Asi que lémbrate
non o olvides
por moito que che gosten
as bravas augas do mare
que un
non forma parte del,
e si te deixas ir
a friaxe do mare
poderá contigo…..
E levarate
ata o confín
da súa existencia……
Consigo.
Lolo : 5/10/21.
———————————-
Volvendo atras!
Coma “Feitizada”
foi a vida comigo
un vieiro ben duro andado
cangado de bourar a reo
e sempre cun sorriso ledo
nos meus pasos pequeniños.
Que longa e corta
faise a vida ás veces,
e tan efímera no seu pasar
que case non entendes nada
ou o comprendes todo,
cando fas unha refrexión profunda
no seu compendio.
E urguei co pensamento
nos recordos,
e me dixen a min mesmo
arrecarallo!
Cantas cousiñas pasaron
arredor de catro pasos dados,
e volveu a asomárseme
ise sorriso ledo
pola faciana
que tanto entraña.
E nun refrexo
das augas do río,
ollei ise camiñar
hoxe case esquecido..
Dos meus!.
E vin
tanto sacrificio e agarimo
no mesmo
que non daba creto!
E que feliz sentinme.
Por ollar no remanso
das augas do mesmo…
A tantos Seres Queridos
que fixéronno todo…
Por Nós,
millóns de grazas
doulles nos ventos
ata que o meu alento perdure,
e que saiban
que nos meus andares
camiñarei con isa alegria
e con iles………..
Ata o confín dos tempos.
Lolo : 16/10/21.
————————————–
Un Pasaxe na Vida!
Mal raio me parta
no saio do meu asombro
rolan as mieses
das arbores polo chan
ou podrecen nos seus ourizos
por que? Me pregunto
nos fixemos tan cómodos.
E vexo!
Ás rochas do mar
cheo de algas e cunchas
isas que medran nas penas
coa viveza da vida
cun brilar que namora,
mentres as augas salgadas
e bravas do mar
brincan por riba delas
facendo isa escuma branca
nun intre que ensoña.
E subo!
Pola costa empinada da vida
buscando folgos
que ás veces se añoran,
máis os pasos dados,
animanme e danme brio
nos eidos novos.
E cada paso dado
traenme gratos recordos
e ollo de novo ao lonxe
ise pinar que chegando
o Fermoso Outono,
sedúcenos nos sentires
co seus doces froitos
ainda ca besta
do vento furacanado,
ráchelles as polas
das frondosas árbores
polos seus belos lombos.
Lolo : 23/10/21.
———————————–
Ingenuo de min, No ar berro.
No crarear do dia
o Sol petábame na testa,
e funche paseniño
pola vida,
ía dando tumbos,
moitos tumbos
pola mesma,
e sabes qué……
No ar berro.
Que xamáis me gostarón
as inxustizas
se tiñeran da cor que foxen,
pois moi refrexivo fixenme
e no ollar das mesmas,
crítico, si moi crítico
e resolutivo sempre
e si nas miñas maos
estivese
a súa añorada solución
sería dada.
E hoxe tiven
un mal soño
aló onde as almas perdense
ollei tanta miseria e Inxustiza
que o carazón encolleuseme,
eu pechaba os ollos
para non ollar
o porque?
Ante estos feitos infames
escóndese a nobleza humán.
E no ar berro!.
Mentres contaballe
unha mentira a vida
por ver si me consolaba,
pero era e é tanta
a Inxustiza no mundo
que abochornábame.
E seguín andando
pasaniño pola mesma
cheo de bágoas e rabia….
E nisa impotencia sublime
o meu ser tiritaba.
Lolo : 27/10/21.