Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Na Cresta da Onda do Mar!.
Na cresta!
Da onda salvaxe
do mar
ías ti o meu pensamento lixonseiro
e rolabas
no confín dos tempos
envolvendote!
Nises grises e azuis
de ensoño
que crean os ventos
e o refrexo do Ceo.
Ou !
Bravo Mar!
Hoxe ao lonxe vexote,
e chega a min
ise bulir e ronroneo
coma se me falases
co teu alento,
e como algo máxico
que frorece cos sentimentos
e nese instante van esquecéndoseme
as adversidades da vida
e faime soñar desperto
nun mundo novo……
E certo.
E hoxe !
Me perdín ao lonxe
por sentirte
ao carón do meu ser
e cheguei a ise umbral
que se esconde
tras o horizonte
dise soñar
desperto e bello
tras os montes.
Onde amanecerá
un mundo xusto
cos pes na liberdade
e respeto mutuo
por sempre e para todos.
Ata que o Finito………..
Amaneza
co silencio eterno
nesta fermosa Terra.
Lolo : 31/10/21.
A Spranza Viva.
Amalgama de cores
na sociedade moderna,
e a volta da esquina
uns pasan fame.
E ao seu carón
ao dar a volta
outros conviven
a perna solta
ata despuntar o dia.
E apretanseme
os dentes
forte moi forte
ante tanta miseria
e desidia
e ollo nise fermoso Ceo
isa spranza que abriga
ao meu corazón espido
e enchido de mil caricias.
E funme pisando forte
e escoitando ao lonxe
isos pasos da mesma viva
que un añora
botando en falta o teu sorriso
nise camiño dos soños,
un guiño dos teus ollos
e unha caricia no ar
que nos encha de felicidade
o alma e corpos
mentres o mundo exista.
Lolo : 1/11/21.
Moi lonxe, Son da Natureza!
E volvín a beira do mar
sen rumbo fixo,
con moito frio
e as ondas do vento
viñan de cara
e se me enrugaba a testa
e o sentido,
e mecínme!
Nas augas bravas
para escorrentar o mesmo
e ao asomar os beizos
no medio das ondas
soñaba contigo.
Natureza viva!
Si soñaba contigo
eres amalgama
dise mundo vivo e vivido
e mecéndome nas ondas
outra vez
escorrentaba frio,
e invadíronme de novo
os sentires!
Que ao teu carón
fluen comas augas dos ríos,
e aló
moi lonxe desta vida
xa formo parte de ti
Natureza Viva!
E sen ti nisos intres…..
Non existo.
Lolo : 5/11/21.
Cousas da vida!
Din cos cartos
o poden todo……
Que mentira máis grande.
Onde esté
isa apertiña amiga
que abriga en calquer instante
cando un esta aflixido,
ou isa man tendida
a cal asirse
que te da cobixo
e xamáis
deixate caer ao vacio.
Istas pequenas cousas
non hai cartos que as paguen
por moito que se tiñan
de cores novos
os lugares.
E onte!
Meu amigo Charlangas
case ao carón
para min
dunha data entrañable,
brindoume no ar
coa súa arte e destreza
un intre inolvidable,
disos que coma antes decía
non hai cartos que os paguen.
E hoxe!
Un dia antes
disa data inolvidable
na cal trouxeronme
a iste mundo
meus Pais.
Moi baixiño
e sen alzar a voz,
en especial
sobor de ti Charli.
catro verbas
saidas do corazón
con ilas quero agasallarte,
e a todo aquel que as recolla
cos mesmos folgos
ainda que soio
seña por un instante.
E craro está,
sen interés económico
por ningunha parte.
E Aló van
polo ar a buscarte.
E fun
camiñando pola vida
por ollar si me consolaba
e chegaches ao meu carón
meu Amigo
coas túas mans tendidas
facendo filigranas
no meu Ser e Alma
e isa mostra de Spranza,
que un xamáis olvida
no crarear do dia
e nesas noites
de Lúa Chea
que co seu fulgor embriaga.
Lolo : 8/11/21.
Chega o Inverno.
E no ollar do Ceo
tórnanse grises
as fermosas nubes
que son o sustento
dos nosos corpos.
E chegan os ventos fortes
que nos fan tiritar
coa súa friaxe
ata no alento.
E chega o Inverno!
E o remanso dos ríos
reborda coas súas augas xeadas
os sentimentos,
e faiche frio moito frio
e tremen os corpos
cun soñar desperto.
E chega o Inverno!
E chove a raudais
embarrándome
cos pes no barro
na Terra do noso mantemento.
E eu coma un neno pequeno
vou saltando
nas pozas da vida
alegre e contento.
E que chova dabondo,
que chova………
No fermoso Inverno.
Lolo : 15/11/21.
A vida Unha Caricia!.
No tempo da soedade
efímera faise a vida
e nise intre refrexivo e frio
vai escapándose
en silencio a mesma.
Quixen buscar abrigo
lonxe moi lonxe
nos recordos
e perdinme nos meus soños.
Cal foi a realidade
do vivido nisos intres,
que un extraño escalofrío
percorreume polo corpo.
E voltou de novo
axiña a alegría
guiñandome un ollo
e un sorriso,
e rinme con ela
ata facer da vida
unha caricia.
Lolo :24/11/21.
Coa fronte ! Enrugada.
E me fun camiñando
polo vieiro da vida
facendo mil filigranas
e a salmoira da auga do mare
salpicábame na faciana,
e boteime un sprint
hacia ningures
por ollar que tal andaba.
Arrecarallo!
Exclamei para min,
nin que fose
un rapaz de vinte.
E nese intre
collín ar dabondo
nos meus folgos,
para subir axiña
a costa da vida
a cal empinada estaba.
O Demo comame,
pois ao chegar
ao alto da mesma,
non había ar que me saciara.
E sentín !
Nos meus adentros
amigo meu…..
Estás coma un cacharro vello,
e mentres ao meu carón
zoaba un rapaz novo.
Ao cal vai ben tempo
eu tamén o imitaba.
E agora vou paseniño
polos vieiros da terra
costa abaixo e enriba,
e xa case naide se me escapa,
salvo ise rapaz novo
que a dia de hoxe …..
Zoando pasa.
E riome !
Coma sempre, iso si
de min mesmo..
Coa fronte máis enrugada.
Lolo : 29/11/21.
Nunha tarde do Inverno
E chegou !
Unha tarde de Inverno
ivaiche o vieiro embarrado
a carón dos ventos,
e a auga do rio baixaba
co abundante caudal,
causando asombro e medo.
A Natureza! Salvaxe, viva
mostroume hoxe o seu semblante,
nesta parte do Universo.
E ao lonxe
nesta tarde enxebre
e de soños inquedos
asomaba no medio do Ceo
isa fermosa Lúa
que suspendida ia polo ar,
coma pendente dun fio
e que naide o ten descuberto.
E o islote da Marola
no medio das brincadas ondas
sigue aló co embate
bravío das mesmas, no mar aberto.
E sigo no meu paseo
no meu soñar desperto
por ise vieiro
que millóns de pasos forxaron
cos pes embarrados
e moitas veces ata os tobillos
para dar sustento.
E eu
nunha tardeciña
do Inverno
que asombra!
Namorado vou na mesma
feliz e contento.
Lolo : 13/12/21.
Sigo Soñando Esperto
No dintel da porta da vida
deixei prendida a alma
ao ollar nisa noite oscura
a spranza dunha sociedade
máis xusta………..
Aló olvidada.
Quixen obviar isa
escuridade
e asirme a Spranza!
A dun mundo novo, libre e xusto
no alén do mañá.
E foi asomando
no alto do Ceo
co seu fulgor
a radiante
Lúa Chea e crara,
a cal ía sacudindo
no seu deambular
isa escuridade amarga
facendo acontecer
no seu mencer
a ilusión dun mundo libre e xusto…….
Ao carón do Ser Humán.
E seguín soñando esperto
coa rabia prendida
nas miñas mans.
E decíame alzando a voz
a min mesmo
e ollando nelas…..
Quero un mundo
enchido de Xustiza e Liberdade…….
Polo ben do Ser Humán.
Lolo : 28/12/21.
Ao Despuntar A Aurora!
E me fun
dando saltiños na vida
facendo filigranas
ía paseniño decíndome ao oido,
xa non hai presa
amiguiño de fatigas,
se chega máis lonxe
na vida indo amodiño.
E hoxe ao pe da longa
singladura
do Solsticio de Inverno
abranca nos meus sentidos
a claridade do dia
que tanto añoro
e faime sentir vivo, desperto.
E ao despuntar a Aurora
fun recobrando o alento
dun soñar desperto
e fun agarimando
o novo dia
con isa espranza infinita
que che peta na porta forte
co seu resplandeciente fulgor
alumándote
ata no reverso das verbas.
E choro de alegría
e esvaro polo trasluz
disas bágoas
e rómpome a rir
de min mesmo,
sacudíndome por sempre
o compedio
das penas.
Lolo : 15/1/22
Cos Pes No Areal!
Ao pe do areal da praia
fun a consolarme un dia
e un claro do Sol
resplandecente
acolleume nese intre,
co seu fulgor tan feiticeiro
dende as augas do mar.
E me fun paseniño
nos meus andares
polas areas da praia,
escoitando o rumor
da auga salgada
máis aló do Poniente,
que ao escoitalo
e ollalo ata o lonxe
un xamáis o olvida.
E quixenlle falar ao vento
que no seu deambular
ruxía ao carón do mar,
e eu falaba soio,
ainda que tamén
nos meus andares
algunha vez…….
Asubiaba con el,
e se asomaba polos meus beizos
unha vella canción
disas que son vivencias entrañabels,
e que tantos recordos nos traen.
E miro arredor
e ao erguer a vista
na realidade do dia a dia
e vexo que nos chega
o Carnaval de novo,
e un sorriso ledo
se me vai polo mar adiante
por ista festa
que co seu acento burlesco
eu tanto adoro.
Lolo : 24 /2/22.
A TI ! MULLER!.
Coas mans tersas,
suaves, de aceiro,
co teu ser cheo de ledizas,
para agasallar ao mundo enteiro
con isa figura ergueita
coma un fiuncho
inquebrantable,
enriba do campo mesto.
Muller!
Es ti.
Maxestuosa, grandiosa
coma copa dun pino,
a cal acougas coa túa entereza,
neste vivir case funesto.
Sin ti perderíase
o rumbo desta amada terra,
gobernada polos máis necios.
Muller,!
Quen non seña capaz de respetar a túa laboura incomiabel,
quen non entenda
a túa loita pola igualdade
neste mundo terreo.
“Xa case morto de ilusións”……..
É un malvado, perverso,
choro de lediza
por chegar a ser
semellante a vós…… Muller!
No meu traballo,
inquietude, na vida
esforzo e alento,
que hoxe camiñando
pola ringleira da mesma
non podo deixar
de refrectilo
e agradecérvolo.
A vosa loita humana
nesta Terra
chea de inxustizas,
guiada polos máis ineptos.
Iste mundo de abusos
que o corroen
ata as entrañas
a mans cheas
os ricos avarentos.
Os cales deixan
morrer de fame
a unha parte Importante
da Humanidade.
Muller!
Coma agradecervos vosa loita terrea
dende o antaño ao presente
por unha sociedade xusta e bella.
Muller!
Me rindo a vosos pes.
Quítome o sombreiro
e vestimenta………
En corpo e ialma espido me quedo,
desexo dende iste intre
loitar corpo a corpo con vós
ata conseguir…….
A liberdade de todos
e o respecto.
O respecto!
Que ten que ser mutuo
nos conceptos da vida en xeral …….
Deste planeta
imperfecto!.
Lolo : 8/3/20.