• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Lolo Villaverde Domniguéz.
FACEBOOK MEMBROS ÁREA CRÍTICA.
Aí Ven ! O 1° De Maio.!
Ollei o mundo
enriba do lombo
e o sorriso quebrouse
ante tanta inxustiza.
Nalgures….
A espranza escóndese
e nós os seres humáns
xunguidos
no limbo da saudade.
Como rachar
coas cadeas da inmundicia
se vexo pasar
as nosas vidas
ateridas de soberbias
e ultraxes,
cadáveres viventes
cheirando
a augas podrecidas.
¡Xa está ben!
que uns poucos
en aras da libertade
nos embauquen
(mentíndonos, encadeándonos, asesiñándonos).
¡Xa está ben!
outro 1º de Maio
sen que nada
neste mundo malévolo
se arranxe.
Voltemos ás barricadas!
De novo a loitar.
Ata conseguir
un mundo sen fame,
libre e xusto
para todos…….
Ante tanta perversidade.
Viva o 1° de Maio!
Viva o Internacionalismo Proletario.
Lolo :1/5/15.
—————————————————-
Tiven, Un Soño!
Quixen abrir
a miña alma ao Ceo
pero non poiden,
por iste mundo imperfecto.
Quixen arrolar
co meu agarimo
os tempos de hoxe
e foiseme
coma esvanecido
no vento,
Amalgama de cores
ten a vida dun,
virtudes e defectos
mil amores, desamores
que refrictes nos sentires
ises tembrores de ensoño
que van enchendo
os corazóns.
E hoxe tiven un Soño
aló onde se atopan
os desexos.
Nel voaba polo ar,
e un sorriso ledo
asomábase na miña faciana.
Pois nel
xa naide pasaba fame.
E os Soños de cada quen,
nestos intres
ian facéndose
por sempre realidade
polo ben
da colectividade.
Eu soio me digo
a min mesmo,
ainda que xamáis o vexa
ogalla nun futuro
próximo
seña verdade,
o meu querido soño
ao carón da Natureza
Humán.
Lolo. : 9/5/21.
—————————————————
Nunha escaleira ao Ceo!.
Outro duro golpe
no tempo
o cal pasa tan axiña
que ás veces o temo,
non por motu propio
xa que teño crarísimo
que estando de paso
todo pasa e nun todo queda.
E nunha escaleira
ao Ceo
empinadísima
vas perdendo a ise amigo
e ao adverso
e resoplo con forzas
para entendelo,
e se me fai tan absurdo
que xa non o entendo.
Quero deixar
as bágoas a un lado
e non poido,
os sentimentos
afroran e choro e choro
como se fose un neno.
E nese intre
un sorriso ledo
ante un recordo agradable
asómase pola
miña cara mollada.
Vivido no empinar
disa escaleira
que me atañe
e levo
conmigo sempre.
Lolo : 14/5/21.
—————————————————–
Naciches en Galego!
Naciches en galego!
E perdícheste no tempo,
e na orela
da praia
espérote
cun pano branco
e cun pano azul,
branco de mil amores,
azul nun desespero.
E en millóns de cores
as Nosas Verbas!…..
As quero.
E antonte ao carón
da costa do mar
e de mil vidas,
Nosas Verbas
perdéronse,
cun pano azul
deilles consolo,
cun pano branco
o meu respecto.
E hoxe,
has negaches
nos teús falares,
por obriga segun ti
non as quixeches,
cun pano branco
as detestaches,
cun pano azul
aló perderonse no Ceo.
E agarimei
as túas verbas
como algo novo
e fermoso,
e as de mil
cantares vellos.
Non se pode
renegar dun
si se quere
amor sincero,
e as túas verbas
coma as miñas
e as do mundo enteiro,
se funden connosco
nos sentimentos.
E isa riqueza.
E a parte fermosa
do Ser Humán
cara o noso entendemento,
neste mundo imperfecto.
E neste novo,
17 de Maio!
Dia das Letras Galegas……….
Hoxe e por sempre
no seu falar
abrigarme quero,
cun pano azul
no alento das mesmas,
cun pano branco
no seu consolo.
Que as verbas en xeral,
son costumes,
desenrolo na comunicación,
e comprensión
nas conversas
a través dos tempos.
Abriguémolas! Pois,
en todas as cores do mundo,
por moito que pase o mesmo.
Polo ben da humanidade
e a liberdade,
por isa riqueza plural
no deambular
dos tempos,
e coma un
Halo de Espranza,
que sae das nosas linguas
e signos,
para ser máis xustos,
libres e honestos.
Nun mañán incerto…..
Que ás veces
faise funesto.
Me gosta :
Curros, Calderón,
Saramago, Shakespeare
e Rosalia, etc.
Foron e son participes,
dos máis fermosos versos!
Os cales.
Nos abrigarán por sempre
o noso Ser e intelecto.
Xa soio por todo isto…..
Pido Respecto.
Vivan as Letras Galegas…….
E as do mundo enteiro……
Cun pano branco
e azul
é en millóns de cores…
A tódalas verbas!
As quero.
Lolo :17/5/17
—————————————————–
Abrigando Sentimentos!
Na Natureza.
E a vida hoxe,
píntoa de moitas cores
enarbolando a enseña
de mil amores,
uns que andan
ao meu carón sempre,
e outros que pérdense
co pasar da vida,
en medio das frores.
Bágoas que nisos intres,
abrigas,
nun vacío insulso
na túa alma querida,
e camiñas ergueito
coma quen
non quere a cousa,
e vaste retorcendo
nos sentires……
Coma unha Silva
en medio das follas.
E o transito
que a Natureza enarbola
coma bichiños que somos
ao despuntar a Aurora,
nesos intres
e penso e me pregunto?
e digólle a formiga
que pasa ao meu carón
no medio das sombras,
onde vas tan apresa
pequena formiga
e ila nin caso me fai
no se inmuta…..
E nin siquera chora.
Lolo : 27/5/21.