Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

E Para Ti

Sigo sendo un eterno enamorado
hoxe vinlle as plumas ao canario
e asubíei con il
coma se foxe un novo paxaro,

Maldigo os sin sabores do amor,
e teño sempre un recuncho
do meu corazón con iles
nas ledicias e alegrias
da vida en conxunto
e me perdo nese intre
na lembranza dos quereres,

quixera ser Querubín nesos intres
nos recordos pracenteros do amor
das nosas vidas
e se nalgún intre fixen sofrer
que me dispensen ou disculpen………
Non queria,

O ser humano ten equivocos
nos seus andares
e moitas veces nos procederes,
eu son humano dos pes a chencha
e por iso me sonroxo,
cando destas. meteduras de pata……
Dinme conta, e sempre pedin disculpas
por non ter acertado
ca miña postura de nobreza.

Din que ai moitas clases de amor,
eu soio coñezo unha………….
Ao do amor sincero,
equivocado as veces
incomprendido outras
e intenso ata no silencio das verbas
no meu foro interno.

Soio que saibas Que Te Quero
e no cume da Aurora do amor
vinche medrar no tempo,
e perdinme para sempre contigo
no silencio do Firmamento.

Amor…..E esa verba
que as veces chama na porta
e te espides diante dil
sen ambaxes ata no alento.

Lolo: 14/2/18

Mar Do Orzán

E viñeches a min
nun vento de Outono.

Mar do Orzán !
Ao rente do Monte De San Pedro
maxestuoso e feiticeiro,
roubaches almas a esgalla
ao longo da túa vida
sen ruborizarte siquera
e embravecido segues dende o primer día
coma quen gana a batalla das almas en pena.

Nalgunha parte de ti
esta a caricia ao ser
nostalxia sentida polos rapazes
que te vivimos por doquier.

Mar do Orzán!
Pintarraxeado de verde prata
vas enzoufando os areales
coma quen os amamanta,
engrandecendo cos teus salseiros
túas fermosas praias.

Mar do Orzán!
Por onde quera que vaia,
vives ao carón de min
no medio das nostalxias,
a veces non quero ollarte,
pero ao ulirte
se me agrandan os ollos e mirote,
e ao sentir túa escuma no ser
me podruce un escalofrio
e se me erizan os pelos na pel.

Mar do Orzán!
Moitas veces a túa beira fun pescar cun engado de frescura,
que percorren
as túas correntes
e se perden por sempre…..Alén no fondo do ancho mar.

Praia do Lazareto

Lazareto! Lembrote,
nun escuro e lúgubre cadalso
vexote,
e veñen a min
recordos imborrabels
de lediza, de traballo, de amorios
e algún que outro penar,
coma esquecerse de ti
si che levo impreznado
ata nos ósos,
ainda recordo o embistes das ondas do mare,
ca Lúa chea
e un confin de Estrelas brilantes
que alumeando os vieiros pasan
é ata debaixo das augas
asombravas as miradas,
e nós espidos, seres nobres,
sen podrecerse.
abrazandonos ao compas das ondas
do xeito mais entrañabel.

Lazareto! Roubaronche no saliente
dos mares,
ao carón das vias do tren
a un lado do peirao do Puntal
e hoxe xa non te vexo,
abraiado quedome………….
Perdinche por sempre.

Praia do Lazareto! Ao carón do meu lar
hoxe choro no recordo,
pois a túas sucumbidas beiras
o pensar nelas……….
Volvenme namorar.

Lolo 5/2/18

LAZARETO

(Foto Lolo Villaverde Domínguez por Conchy Carril)