LOLO

LOLO VILLAVERDE DOMINGUÉZ: A Ti Muller

Publicado el 9 marzo, 2018 | Literatura, Prensa

A Ti Muller

Antonte!
Cos pes de barro
me asomei a túa porta 
tiñalo fecho botado
e amparado quedei na sombra,
collín folgos para voltar a horta,
a horta dos teus consolos
na que sempre me escoitas.

Onte!
Cas mans cheas de terra
batinche na túa ventá de ensoño por onde se oculta a Aurora,
tiñas os vidrios cristalinos
coma a auga nova
que baixa polo remanxo do rio,
e neles vinme de sobra
cos ollos pechados,
clamando de ti, apertas e bicos
que me abrigan sempre
a miña ialma rota.

E hoxe!
Rolei polos camiños da vida embaixo,
pes tras pes
ata que ao fin o corpo acouga,
e viñeches por riba de min
coma ser alado
acariciandome o pelo que xa non teño,
ata erguerme o animo co teu agarimo
por tanto desconsolo

E no mañan!
Acougarei
no colo do vento
para rolar no mesmo contigo
ata perdernos no berce do chan
e do tempo,
coma o soño, feito realidade………………O do noso
amor sincero e verdadeiro.

Lolo 5/3/18

(Foto portada Conchi e Lolo)

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *