LOLO

Lolo Villaverde Dominguéz: A meu Vello, meu Pai

Publicado el 20 marzo, 2018 | Literatura

Lolo Villaverde Dominguéz

A meu Vello, meu Pai

Imaxinote nas obras
con nove anos
levando e traendo ladrillos.
Ensinaronte que un home,
se viste polos pes
sendo ainda un neno,
pero te fuches dándo conta
que na vida o respeto
a os demais e un mesmo
é o máis importante que calquer outra cousa.

Eras unha persoa
que amaba a Terra,
pois despois de bourar a reo co ladrillo diario,
te ibas sachar na horta.
Tiñas paixón pola Terra, e seino,
por ver crecer as prantas,
que agarimabas cas mans
coma froita de ensoño novo,
que asomaba da Terra despois dun traballo ben feito.

Te fuches case sen darte conta,
deixando no ar e no ser de moita xente
o teu canto fermoso e feiticeiro,
dende as panxoliñas as coplas.
Me veñen a ver nestos intres recordos inesquezibels,
nos bares cerca do teu lar
que ata as camareiras con seus A La Las,
nos teus cantos
acompañabante,
e eu ao teu carón
disfrutando coma un neno..

Grazas meu Pai!
Por todo o dado e feito por nós,
foi dificil o teu cometido
nalgun caso,
e fixeches o indecibel por solucionalos,
pero no día de hoxe
agradecidos estamos,
de toda túa enseña e valía,
e disculpanos por as veces,
que compricamos a túa loita diaria
polo ben das nosas vidas.

Pai!

Das miñas bagoas
caeume un reflexo
nas mans,
canto esforzo e agarimo
vin no mesmo
por un soño traballado,
que ainda que mil vidas vivise,
non teria folgos e agarimos para compensalos.

P/D: A meu Pai Jose Villaverde Carral, conmigo sempre no ser e corazón Señor Ricardo.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *