Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

2

MÁIS INFORMACIÓN
Xénero
Deep Atmospheric Post Grunge Jazz
Membros banda
Virxilio da Silva
Felix Barth
Wilfried Wilde
Héctor Agulla
Lugar de nacemento
Vigo
Compañía discográfica
METAMOVIDA
Información
LOIROSLOIROSLOIROSNOROIBOSLOIROSLOIROS
A banda nace no verán de 2016 en Vigo, Galiza, onde Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra e voz) comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións conciliaban rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis. Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth (baixo e voz) e o francés Wilfried Wilde (guitarra), o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros.
As aportacións do imaxinario musical dos catro compoñentes, dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias do Shoegaze, o Grunge, o Post Rock e a Psicodelia, como do Jazz Moderno, o Impresionismo Francés ou a rítmica africana. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, con cancións longas, desenrolos inesperados e momentos para a improvisación que fan de cada concerto unha experiencia diferente.
Froito da súa primeira xira, en marzo de 2018 sae á luz o seu primeiro traballo Arp, un EP completamente autoproducido e autoeditado cunha edición limitada feita a man de 150 exemplares. En decembro dese mesmo ano, reciben o premio da Deputación de Pontevedra ao Mellor Traballo Musical coa canción Rebirthmark. Actualmente están rematando o que será o seu primeiro LP, Rebirthmark, gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz. Teñen previsto o seu lanzamento en 2019.

Loiros – Inner War

Inner War, escrito e interpretado por LOIROS:

Virxilio da Silva: guitarra, voz

Felix Barth: baixo, voz

Wilfried Wilde: guitarra

Héctor Agulla: batería

BANDCAMP: https://loiros.bandcamp.com/

FACEBOOK: https://www.facebook.com/Loirosband/

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/loirosband/

Gravado no Ecolectivo (Vigo, GZ) en Febreiro de 2019 Son en vivo e mistura: Ricky Kirby

Video: Sara Traba