Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Lembrando a…
“Suzanne» unha canción con letra e música do poeta, escritor e músico canadense Leonard Cohen, publicada como sinxelo en xaneiro de 1.968 A canción ten a súa orixe no poema Suzanne Takes You Down engadido no libro de poemas Parasites of Heaven de 1966 coma outras cancións do seu primeiro álbum Songs of Leonard Cohen de 1967.
Nunha entrevista pra a BBC en 1994 Leonard Cohen explicaba que o poema e tamén a canción conta o encontro que tivo con Suzanne Verdal, a muller do escultor Armand Vaillancourt. O encontro tivo lugar en Montreal. Na canción aparecen varios lugares da cidade engadido o Río Santo Lorenzo e unha pequena capela xunto á baía, Notre-Dáme-de-Bon-Secours, que olla cara ao sol nacente da mañá, tal coma se describe na canción. Cohen foi convidado por Suzanne á súa casa preto do río onde lle serviu té Constant Comentary -cheo de anaquinhos de laranxa-. Ises elementos foron a inspiración -o resío segundo Cohen- pra sonhar e inventar o poema e a canción. Máis tarde declarou á BBC que o encontro soamente fora unha situación moi especial que lle inspirou pra escribir o poema mais que non mantivo relacións sexuais con Suzanne.

Jose Andres Tome Tome

Foto cabeceira da man do Facebook Leonard Cohen https://www.facebook.com/leonardcohen

Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.