VERBAS DE LAW
“Que é o éxito?” (ese mantra das entrevistas). O meu maior éxito foi descubrir que me levo ben conmigo. Hai un tempo escribín: “Quero ser eu mesma e non quen queren os demáis”. Estou comenzando a entendelo. Din que son natural e iso me gusta. Non paso nin moita vergoña, nin moito medo. Moitas veces me equivoco, pero sempre aprendo. Son forte porque escalo -en todos os sentidos-. Hai quen finxe ser panteira ainda que teña espírito de rato. Eu abrazo ser un mono solto na cidade. Pero desexo ser un mono libre na natureza. A liberdade… Esa palabra faime pensar. Instinto, instinto, segue o teu instinto! É a túa brúxula. A miña agora apunta sempre adiante.
https://www.instagram.com/youarenotlaw/
Fotografías salvaxes por @adrian_torreira 🐚
#LAW #singer #model #photography #fotografía #retrato #portrait #savage #dreads #dreadlocks #beach #modelo #retrato
