• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Menos dun ano despois, dez meses para ser exactos, da edición do primeiro volumen de Lauren Jordan & Las Malas Compañías: “Nunca despiertes” o músico, compositor, productor, guitarrista, vocalista… barcelonés continúa recollendo os froitos das sementes esparcidas durante os catro anos anteriores á aparición do seu primeiro traballo en solitario.
Como toda boa saga que se precie temos xa unha sinais identificadoras que lle dan identidade propia. O tema de apertura (a instrumental “Moebius”) pecha tamén o disco (como na primeira parta o facía “Ciudad Victoria”); o concepto da portada e similar, pero o anxo de “Nunca despiertes” convirtese nun diaño neste “Malas compañías” (claro está), e o Lauren con ás e cariña de bo rapaz conviertese en todo un demo de ollos inxectados e lume nas mans que nos presenta una nova ración de case unha hora de música diabólica e adictiva.
A listaxe de invitados acheganos de novo ao mellorciño da escena rockabilly nacional, engadindo ademáis a algúns músicos que se saen deses parámetros estrictamente “billys” dando ao disco uns aires máis preto ao rock clásico, alonxandose do country e o western que predominaban na primeira entrega.
Mentres escribo estas liñas Lauren, incansable coma sempre, xa a está a traballar a reo nas cancións que conformarán o peche da triloxía “Las Malas Compañías”, mentres o fai nos seguiremos disfrutando deste traballo (e do seu irmán maior, claro).
Escrita por Ricky “Doctor Snob”.