lakazans16

LAKAZANS (THE)

Publicado el 5 mayo, 2016 | Artistas, Blues

The Lakazáns | Blues/rock/country/soul/Santiago-Boiro.
Fran Velo:baixo; Sir Richard Drummez Lical: batería; Fran Trilli: outros instrumentos de percusión; Benjamín Vázquez: guitarras & mandoline; Ramón Figueira Figui: harmónica; Almudena Gómez: voz; Sabela Rey: voz.
Banda formada no transcurso do ano 2012. As súas influencias van dende o blues mais clásico de artistas como Howlin Wolf, Muddy waters e Hound Dog Taylor ata o soul de Aretha Franklin, Etta James e Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash sen esquecer aos grandes clásicos do rock e o rock & roll como Elvis Presley, The Rolling Stones e J. J. Cale. Outras das súas máis importantes influencias son dous dos novos talentos do rockabilly e o rock & roll actuais, considerados xa clásicos modernos, Imelda May e os tres irmáns que forman Kitty, Daisy & Lewis. Teñen unha formación un tanto peculiar con harmónica, percusión que inclúe darbuka, culleres e washboard, entre outros elementos, ademais de batería, baixo, guitarra (acústica e/ou eléctrica) e dúas grandes voces femininas, Sabela e Almudena. Todo isto xunto dálle á banda un carácter moi particular e pouco habitual neste lado do continente.

INFORMACIÓN DE LA PÁGINA
  • Fecha de inicio
    Fundación el 1 de enero de 1969
  • Integrantes del grupo
    Trilli: Batería e percusión
    Benja: Guitarra, slide guitar e mandolina
    Almudena:Voz
    Sabela: Voz
    Figui: Armónica
    Fran Velo: Baixo
    Likal: Batería

  • Ciudad de origen
    Boiro
  • Descripción breve
    CONTRATACIÓN:

    Patricia Hermida
    dotbeat!
    674. 956338

  • Descripción larga
    Somos un grupo de amigos de diversos sitios.No 2010, un golpe de sorte fixo posible xuntármonos todos os mércores no bar “Bloody Mary”, para facermos jams ao longo do ano.Doce meses despois, decidimos formalizar o grupo un pouquiño máis. Comezamos polo nome. A idea foi de Trilli e o porqué da escolla penso que non é necesario explicalo.

    No 2011 o noso punto de encontro para os concertos semanais foi o bar Miudo, e foi alí onde realmente nos formamos como banda.

    A todos nos une amizade e a paixón pola música. Pola música en xeral e, polos clásicos, en particular.
    O noso repertorio esta formado por versións de clásicos do blues, soul, country, rock & roll … ao que pouco a pouco estamos incorporando temas propios que se moven xeralmente nese abano de estilos.

  • Ubicación actual
    Santiago de Compostela
  • Teléfono
    674 95 63 38
  • Correo electrónico
    contratacion@dotbeat.es

FACEBOOK

https://www.facebook.com/The-L%C3%A1kazans-274270722638955/timeline

www.empuje.net.THE LÁKAZANS.XIV ANIVERSARIO DE WWW.EMPUJE.NET

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *