Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

lachela.saladeestar

Xa temos algunhas cousas aviadas pra iste mes!

💛 O venres 07 convidámoste a gozar sen culpa, a rirche do desexo e a celebrar a liberdade do corpo e a arte nunha noite de Cabare & Burlesque con Patricia Cameán (@atraghuada) & Mela Rey (@mela_rey) da man da Yolanda Paz (@yolandapazcabaretyburlesque). Irreverente. Delicado. Decadente. (Achega 13 €).

💛O venres 14 Xawar (@xawar.oficial), artista mexicano de pop/rock fincado na Crunha, presentaranos no formato acústico temas do seu último disco e algunhas novidades.

💛O sábado 15, Guateque Devolta! Coma presentación da 3ª Feira Vintage (@devueltavintage) [Sada, 29-30 de novembro], DJ Golvellius (@media_kollector.fetish) apicoara éxitos dos 80s e 90s. E non se descarta que se rifen algunhas cousinhas!

💛O venres 25 Fito Mansilla (@fito_mansilla_) presentará “Canciones de Amor Y Guerra” (Manual de salvación).
Unha viaxe introspectiva que caminha por múltipeis xéneros, dende o Rock de autor e o pop ata o folque e os ritmos bailabeis. Unha proposta rica en tons de sons e emocións, unha auténtica sorpresa de seu pra propios e estranos da súa música.

💛O sábado 29 nova noite de monólogos. Coma está un trouleiro no segundo denantes de saír a escea? Ledo? Triste? Aínda que non estea de humore, Arnau Soler (@arnausolertv) contaranos situacións e anécdotas que nos farán perder a noción do tempo entre gargalladas.

E aínda lle estamos dando voltas a un par de cousas máis… estade atentos!

#EnLaChelaPasanCosas

#lachela #saladeestar #burlesque #cabaret #acusticos #musica #concierto #musicaenvivo #guateque #vintage #monologo #monologos #disfrutar #placer #diversion #coruña #acoruña