Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

L7 esgota os billetes do seu concerto na Barcelona e anuncia a The Lizards coma teloneiras

Derradeiros billetes pra Madrid á venda.

 

Comeza a conta atrás pra que a icona do feminismo e do grunge, L7, chegue ao noso país. Tras visitar o Azkena Rock Festival de Vitoria-Gasteiz o vindeiro 21 de xuño, as californianas pasarán pola sala Wolf de Barcelona o 22 de xuño, onde os billetes xa están esgotadas, e a sala Mon de Madrid o 23 de xuño. The Lizards, un dos tríos máis potentes do mercado nacional, serán as encarregadas de quentar os ambentes minutos denantes. Os billetes pra o ARF seguen dispoñíbeis en azkenarockfestival.com e os derradeiros billetes para o concerto en Madrid están dispoñíbeis en lasttour.org.

Cunha mistura electrizante de punk, grunge e atitude rebelde, a banda L7 deixou unha pegada indelébel na escena musical dende a súa formación en Os Anxos ao remate dos anos 80. Composta por Suzi Gardner, Donita Sparks, Jennifer Finch e Dee Plakas, son un fito do empoderamento feminino e expresión artística.

Aínda que a banda tomou un receso a fins dos anos 90, o seu legado perdurou e a súa influencia estendeuse a través de xeracións de músicos e afecionados. Dende o seu álbum debut no 1988, L7, a banda desafiou convencións e abordou temas sociais cunha ferocidade inquebrantábel. Nesta xeira, repasarán o seu icónico disco Bricks Are Heavy, un dos piares da súa carreira.

 

L7
Playing ‘Bricks Are Heavy’VITORIA-GASTEIZ, Azkena Rock Festival
Vernes, 21 de xuño de 2024
Billetes a venda en azkenarockfestival.comBARCELONA, Sala Wolf
Sábado, 22 de xuño de 2024
BILLETES ESGOTADOSMADRID, Sala Mon
Domingo, 23 de xuño de 2024
Derradeiros billetes a venda en lasttour.org