• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Lee Earle Ellroy, máis coñecido coma James Ellroy (Os Anxos, California, 4 de marzal de 1948), é un escritor estadounidense, autor das novelas nas que se basean os éxitos cinematográficos L.A. Confidential e A Dalia Negra.
Ellroy naceu en Os Anxos (California). A súa nai, Geneva Odelia, era unha enfermeira e o seu pai, Armand, era un contabel e antigo xerente da actriz Rita Hayworth.​ Despois do divorcio dos seus pais, Ellroy foise a vivir a O Monte (California), coa súa nai.​ Cando Ellory tiña dez anos, a súa nai foi violada e asasinada.​ Ellroy máis tarde describiu á súa nai coma de «lingua afiada e de mal xenio»,​ incapaz de manter un traballo estabel, alcohólico e con tendencia á promiscuidade. A policía endexamáis atopou ao responsabel dos feitos, e o caso ficou sen resolver. O asasinato da súa nai, xunto coa lectura de The Badge (a placa), de Jack Webb (un livro que engade casos sensacionalistas dos arquivos do Departamento de Policía de Os Anxos), que lle regalou o seu pai, foron elementos que marcaron a mocidade de Ellroy.

Nas súas entrevistas, Ellroy adoptou unha imaxe subversiva e nihilista.​

En declaracións ao New York Times, Ellroy definiuse a se mesmo coma «un mestre da ficción. Tamén son o máis grande novelista de xénero negro que existiu endexamáis. Son pra a novela negra o que Tolstoi é pra a novela rusa e o que Beethoven é pra a música».

Ellroy é un notorio admirador do Departamento de Policía de Os anxos (a pesares de que nas súas obras aparece coma un departamento cheo de brutalidade, deturpado  e cheo de maquiavelismo).​

De todos os xeitos Ellroy agocha deliberadamente onde remata a súa persoa e onde comeza o seu personaxe.​ En privado, Ellroy oponse á pena de morte e ao control de armas (é posuidor de 30 pistolas).​

Ellroy declarou que xa non escribe xénero negro. «Agora escribo livros políticos», dixo. «Quero escribir exclusivamente sobor A (Os Anxos) durante o resto da miña carreira».

Ovras.

Novelas.

Ovras independentes
  • Requiem por Brown (Brown’s Requiem, 1981), trad. de Raúl Quintana.
  • Clandestino (Clandestine, 1982), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
  • O asasino da estrada (Killer on the Road, orixinalmente publicada coma Silent Terror, 1986), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
Triloxía de Lloyd Hopkins
  1. Sangue na lúa (Blood on the Moon, 1984)
  2. A causa da noite (Because the Night, 1984)
  3. O outeiro dos suicidas (Suicide Hill, 1985)
  • L.A. Noir (compilación das tres obras, 1998), non publicada en castelán.
Carteto de Os Anxos
  1. A Dalia Negra (The Black Dahlia, 1987)​
  2. O gran deserto (The Big Nowhere, 1988)
  3. Os Anxos Confidencial (L.A. Confidential, 1990)
  4. Jazz branco (White Jazz, 1992), trad. de Hernán Sabaté.
Triloxía dos baixos fondos de Estados Unidos
  1. América (American Tabloid, 1995), trad. de Hernán Sabaté.
  2. Seis dos grandes (The Cold Six Thousand, 2001), trad. de Montserrat Gurguí y Hernán Sabaté.14
  3. Sangue trotamunda (Blood’s a Rover, 2009), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
Segundo Cuarteto de Los Ángeles
  1. Perfidia (Perfidia, 2014)
  2. Ista treboada (This Storm, 2019)
  3. Pánico (Pánico, 2022)

Novelas curtas

  • Dick Contino’s Blues (Dick Contino’s Blues, n.º 46 da revista Granta, 1994), non publicada en castelán.
  • Noites en Hollywood (Hollywood Nocturnes, 1994), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
  • Onda de crímes (Crime Wave, 1999), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
  • Destinho: a morgue (Destination: Morgue!, 2004), recopilación de 10 artigos e dous relatos, trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
  • Tolo por Donna (2005), 3 novelas curtas, unha delas publicada en Destinho: a morgue, trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté, recompilación só publicada en castelán.
  • Shakedown (Shakedown, 2012), non publicada en castelán.

Autobiografías.

  • Meus recunchos escuros (My Dark Places, 1996), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.
  • A caza da muller (The Hilliker Curse: My Pursuit of Women, 2010), trad. de Montserrat Gurguí e Hernán Sabaté.

Editor

  • As mellores historias de misterios de América (The Best American Mystery Stories 2002, 2002)
  • As mellores escritas de crímes de América (The Best American Crime Writing 2005, 2005)
  • As mellores novelas negras americans do século (The Best American Noir of the Century, 2011)

Películas

Varias das súas obras foron adaptadas á gran pantalla: Blood on the Moon (co título en España de Cop, coa lei ou sen ela), L.A. Confidential, Requiem por Brown, O asasino da estrada (titulada en inglés Stay Clean), e A dalia negra. A Ellroy non lle gustaron moito estas adaptacións, agas a que fixeron Curtis Hanson e o guionista Brian Helgeland pra L.A. Confidential.​ Ao cabo dos anos, Ellroy está canso de que se lle coñeza sobor todo pola película.

​Pouco despois de ollar tres horas de metraxe sen editar do traballo de Brian De Palma pra adaptar A dalia negra, Ellroy escribiu un artigo titulado, “Hillikers,” onde no se amosaba moi ledo. Ao final case unha hora de metraxe foi eliminada e Ellroy declarou ao xornal Seattle Post-Intelligencer: “Mirade, rapazes, non ides conseguer que diga nada negativo da película así que deixádeo xa”. De todos os xeitos Ellroy escarrallouse previamente do casting, do director e do deseño de produción.

Ellroy coescribió o guion da película de 2008 Donos da rúa protagonizada por Keanu Reeves e Hugh Laurie, mais rexeitou publicitala.

Nunha entrevista de 2012 sobor o que os produtores de Hollywood fixeran coas súas novelas o autor remarcou coa súa acostumada desenvoltura: “Poden facer o que lles de a ganha con tal de que me paguen.”​

Donos da rúa (Street Kings), (2008), dirixida por David Onte con guion de Ellroy
A dalia negra (2006), dirixida por Brian De Palma
Dark Blue (O rostro escuro da lei), (2003), dirixida por Ron Shelton
Stay Clean (2002), curtametraxe (11 min.) dirixido por Mitch Brian
Brown’s Requiem (1998), dirixida por Jason Freeland
L.A. Confidential (1997), dirixida por Curtis Hanson
Cop, coa lei ou sen ela (Cop), (1987), dirixida por James B. Harris con guion de Ellroy.

Novela negra en galego