Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Kerry King sobor Dave Mustaine: aínda ata o día de hoxe, é un gran guitarrista.
Kerry King díxolle á revista Metal Hammer na súa última edición: Metallica eran xeniais nos seus comezos. Estaban por diante de Slayer polo menos ano e medio. Eles facían cancións orixinais e nós aínda faciamos versións. Creo que abrimos pra Metallica con Mustaine, non podo lembralo, mais sei que Dave Lombardo e eu definitivamente vímolos nun clube e ficamos impresionados. Aínda ata o día de hoxe, é un puto gran guitarrista. Foi incribel, non tocaban en grandes clubes, ollabase a banda dende calquera lugar e eu moi fascinado de ollar a Mustaine tocar istes tolos riffs.
Dave Mustaine logo de ler as anteriors declaracións respostou: Non tódolos días un dos guitarristas máis temobels do mundo faiche un cumprido coma iste.
Grazas Kerry, agardo con debezos escoitar o teu novo material e definitivamente saír xuntos de xira.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

 

Foto cabeceira da man de https://loadedradio.com/

Foto adentros da man de Megadeth Colombian Fan Club