Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Julie Guravich é unha cantante canadense residente en Ferrol, canta principalmente blues e jazz aínda que entendidos nun sentido amplo e cos repertorios máis diversos (Beatles, R & B, canción popular, música de anuncios). Nos 90 forma Acceso Norte co guitarrista ferrolán Víctor Aneiros. Fixo parte do grupo de folk Saraibas.

Canta acompañada do seu Cuarteto ou en dúo co teclista Fran Rey.

https://www.facebook.com/julie.guravich

FONTE: WIKIPEDIA

www.empuje.net.Víctor Aneiros Band & Julie Guravich. Joana´s Place (A Coruña)

29 de novembro de 2013. Joana´s Place (A Coruña). Grabación por Rubén Novo.

Chegou á bisbarra de casualidade, Cedeira foi o seu primeiro destinho e despois namorouse de Ferrol e decidiu ficar, falamos de Julie Guravich, canadense de nacemento pro galega e ferrolá de adopción. Moitos conhécena coma mestra de inglés, mais o seu vencello coa música vén de máis atrás que a súa faceta coma docente.
Foi aos 15 anos cando comezou a súa formación coma cantante lírica, que completou no Conservatorio de Toronto. O seu papel de actriz é o que probablemente lle deu o conhecemento de estar nas táboas á hora de ponher a súa ialma na música que máis lle gusta interpretar, Soul, Blues.
No Ferrol e da man de Baldo Martinez formou anaco da Big Band Union Costa Oeste. Con músicos ferroláns coma Fran Rey, Luis Cuba ou Manuel Pérez formou o Cuarteto Julie Guravich e con Cabe Garcia tamén ten cantado en moitas ocasións. En 2012 gravou un álbum de estudo titulado Back From the Blues. O tema principal do disco é unha composición propia partillada co guitarrista e músico ferrolán Víctor Aneiros.
Escrita orixinal en castelán polo Isidoro Valerio pra a gueb
Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo

ISIDORO VALERIO

Músicas de Ferrolterra

Julie Guravich & Víctor Aneiros Band – Back From The Blues

PREME NA LIGAZOM

https://www.discogs.com/es/release/12656708-Julie-Guravich-V%C3%ADctor-Aneiros-Band-Back-From-The-Blues?srsltid=AfmBOoq5-MU7iPCibmRRR-56xo4t5NibMtw96RDGs5KtcjoREKSTvP8D

 

WWW.EMPUJE.NET.Julie Guravich & Víctor Aneiros band.

22 de marzo de 2012 Forum Celticum (O Burgo.A Coruña) Grabación por Rubem Novo.

Víctor Aneiros Band + Julie Guravich.Joana´s Place (A Coruña).

MOONDOGS BLUES PARTY + VÍCTOR ANEIROS BAND & JULIE GURAVICH.XIV ANIVERSARIO DE WWW.EMPUJE.NET DIA 4.JOANA´S PLACE (A CORUÑA)