Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

JUBILE (1978) || Derek Jarman

Idioma inglés 

Escrita castelán

Considerada coma “o primeiro filme punk”, pro esta longametraxe de Derek Jarman de 1978 colle a atitude oposicional desta subcultura e dá a volta sobor do seu eixo: é coma unha produción guerrilleira de Shakespeare feita no medio dun pogo. Se os Sex Pistols trouleaban da Raínha Isabel II, Jarman aférrase á Isabel orixinal, quen viaxa a través do tempo cara a unha Gran Bretaña gobernhada por fatos. As aparicións de Adam Ant, The Slits e Siouxsie and the Banshees, xunto con Jayne Couny, icona trans dos Estados Unidos, ancórana na súa época, mais a suxerencia de Jarman de que mesmo os nihilistas máis declarados son capaces de vender os seus ideais se os afouzan dabondo, naturalmente ofrece unha ollada do futuro. Houbo un ano no que o Punk crebou a Londrés. Os fíos da falsa primaveira chegaron a mediados dos anos setenta pra decatarse de que non habera futuro. Irromperon inconscientes de que a moda era non estar á moda; de que os seus caletres enchidos de fame e dun manhá que non chegara pra alumear as suxas rúas do Soho. Cheos de pinturas de guerra e no plan Mohawk, deturparon a faciana da raínha e dun gobernho que estaba, coma sempre xordo e coa ialma suxa. Jarman acorre a iste estoupido xuvenil coa camara na man. Móntase no pesadelo de Elizabeth primeira, quen séculos atrás quixo ter a cara limpa. O seu mago e médico de cabeceira, John Dee, tráelle un anxo que lles deixe ollar o futuro e caen no medio desta Londres convulsa onde só fica patexar pedras e durmir nas ruínhas da segunda guerra mundial. Ista é un filme de culto. Unha Horror-Spookie-Punk- Opera pra erguer a trompeta do fin dos bos costumes e o rexurdir bulloso da contracultura. Un filme dicidido a ser detido por sedición, que é desde hai longos trinta anos o nome favorito de quen creu e cren aínda nesta rebelión.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO

FOTO CABECEIRA JAINE COUNTY DA MAN DE https://revolverwarholgallery.com/