• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


JORGE LUIS BORGES 1 EN PROFUNDIDADE/”IN DEPTH”

ESCRITA CAST./ENGLISH.

JORGE LUIS BORGES EN PROFUNDIDADE 1 – 8 de setembro de 1976 – B/N – 89 minutos escrita en CASTELÁN / INGLÉS. Iste primeiro programa con Borges gravouse o 8 de setembro de 1976. O último libro publicado por Borges foi “A moeda de ferro “. , no que “hai un poema que compuxen nos meus soños”. Lembra o mellor consello pra un escritor, o que lle deu o seu pai: «escribe moito, corrixe moito, rompe case todo, e sobor todo non te apresures a publicar»

JOAQUÍN SOLER SERRANO PRESENTACIÓN – 2001 – Cor – 3 minutos

 

JORGE LUIS BORGES EN PROFUNDIDADE 2.

JORGE LUIS BORGES EN PROFUNDIDADE 2 – 26 de maio de 1980 – COR – 64 minutos

Iste segundo programa con J. L. Borges, en cor, gravouse o 23 de abril de 1980, coincidindo coa entrega do Premio Cervantes.
Borges ten oitenta anos, a súa nai faleceu, e é o momento culminante do “boom de Borges”, cando Borges se le en todo o mundo.
O escritor dá un consello: “Esta mañá soñei que morría e sentín unha gran sensación de alivio. Aconsélloche que te esquezas de min. Máis non o esquecemos, convencidos de que seguramente non sempre dixo a verdade: “dicir sempre a verdade é pedantería”.

PRESENTACIÓN de JOAQUÍN SOLER SERRANO – 2001 – Cor – 2 minutos

(Foto cabeceira cortesía de https://www.alamy.com/)