Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

1 de febreiro de 2022. Morre o empresario e produtor discográfico estadounidense John Zazula, tamén conhecido coma Johny Z. Reconhecido por ser o dono da tenda de discos Rock’n Roll Heaven da cidade de Nova Xersei e o fundador da discográfica Megaforce Récords. A súa tenda de discos en East Brunswick, Nova Xersei convertiuno nunha das figuras máis populares na escena do rock na costa leste dos Estados Unidos.

A súa intervención e a da súa muller Marsha foi crucial na carreira de Metallica, pois Zazula ofreceulle á banda a primeira oportunidade de tocar en Nova Iorque e organizou as súas primeiras xiras coa banda Raven, unha das bandas máis importantes da escena británica por ises días. Despois de escoitar a demo “Non Life ’til Leather”, Zazula fundou a discográfica Megaforce Records pra lanzar o devandito material. Amais lanzou o álbum debut de Metallica, “Kill ‘Em All”.

Despois do éxito obtido por Kill ‘Em All, Zazula traballou con outros artistas e bandas coma Warren Haynes, Testament, Tad, Overkill, Frehley’s Comet, King’s X, Ministry e Anthrax.

Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.

 

Efemérides del Rock y Heavy Metal