Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

Joan Jet, Azkena Fest (Vitoria) 23 xunho 2018.

Foto da man de https://www.drfrankensguitar.com/

Rubem Novo.

https://www.facebook.com/ruben.novo.3

Joan Jet… a muller que dixo, puxo e fixo que o xénero feminino tamén fai Rock n´roll, pode facer Rock n´roll. Porque, xaora, a música electrificada e mailo coiro non son só cousas dos homes.

A muller TEN, non oco, nin lugar, sitio, eido, ou o que sexa, no mundo rock ten, domenha e toca Rock porque o ten.

Unha muller da norteamerica californiana, comezou nos anos 70 do século XX unha revolución persoal, musical, estética, ideolóxica… co nome artístico de Joan Jet (nada coma Joan Marie Larkin na cidade de Filadelfia) e o seu corpo, espírito, ialma, na California, onde comeza coa banda feminina The Runaways-As fuxitivas_ facendo Rock duro, onde terá as súas andainas coa banda. Dela tamén sairán nomes, pola súa traxectoria no mundo roqueiro coma Lita Ford, guitarra solista das Runaways e o vencello o axente Kim Fowley-un home que chamábase a se mesmo: O Oscar Wilde do Rock n´roll-e tódolo mundo “TOLO”.

The Runaways rematan a súa carreira no 1979 e Joan, xurde coma Joan Jet & the Blackhearts, niso leva ata hoxe e a súa morte do seu corpo.

Esta muller roqueira, percoreu discográficas, disqueiras, pra publicar o seu primeiro álbum coma Joan Jet & the Blackhearts: “Joan Jet” e atopara rexeites e rexeites ata que Casablanca Records aposta por ila; ata entón o disco mercábase a banda, facendo iles mesmos as copias. Casablanca Records acristianiza o álbum coma “Bad Reputation” e no ano 1981 chega o álbum “I Love Rock n´roll” e o sinxelo do mesmo nome triunfa a esgalla, Joan Jet xa voou e seguera voando polo espazo rock ata O Máis Alén.

Joan Jett & The Blackhearts, Azkena Rock Festival 2018, Mendizabala, Vitoria-Gasteiz, 23/VI/2018

FOTO DA MAN DA DENA FLOWS

Xa dende anos feita unha icona do Rock, Punk e chamada a orixinal Riot grrrl-Rapaza revolta-Movemento Rock Feminista xurdido nos anos 90 do século XX, escoitade a banda Bikini Kill. Joan Jet, vive nas táboas, a súa guitarra e unha atitude indomábel.

E chega a grande nova para nós, Joan Jett & the Blackhearts no Azkena Fest da Vitoria ano 2018.

IMOS!!! Dani “Viúva” máis eu, temos que ir a carón da Rainha do Rock n´roll. Dani “Viúva”, batera da primeira banda Punk de a cidade estado de A Crunha, “Viuda Gómez e hijos” e baixista dos Eskizos, membro fundador de ámbalas dúas bandas.

E, si, nas táboas do Azkena Fest moitas bandas roqueiras mais para nós só existía Joan Jet e Joan Jet.

JOAN JETT & THE BLACKHEARTS  AZKENA ROCK FEST 23-6-2018 VITORIA GASTEIZ

Chegou o momento, intre, tempo, lugar… JOAN JET & THE BLACKHEARTS diante noso na Vitoria. Máxica, Deusa, roqueira, Glam, icona do Rock. Cancións coma pregarias “I Love Rock n´roll”, “Bad Reputation” e o que desexabamos “Ódiome a min mesma por amarte” “I Hate Myself For Loving You”

JOAN JET É UNHA DEUSA!

VÍDEO CLIPE

JOAN JET & THE BLACKHEARTS

“Ódiome a min mesma por amarte”

I Hate Myself For Loving You”

https://www.youtube.com/watch?v=bpNw7jYkbVc&t=4s

ESCRITA JOAN JET E OS CERNES NEGHROS

“ÓDIOME A MIN MESMA POR AMARTE”

Joan Jett & the Blackhearts – I Hate Myself for Loving You

MEDIA NOITADA, ESTOUME PONHENDO DESACOUGADA

ONDE ESTAS?

DIXECHES QUE NOS OLLARIAMOS

AGORA É CARTO PRA AS DOUS

SÉ QUE ESTOUME XUNGUINDO

MAIS AÍNDA DEVÉZOTE

EI JACK, É UN FEITO QUE FALAN

NO POBO

NON VEN O CASO E TI O ESTAS ARRUINHANDO

DE CERTO NON ESTOU CELOSA

PRO NON GÚSTAME ASEMELLARME UN PALLASO

PENSO EN TI CADA POUCO NOITADA E DÍA

TOMACHES MEU CERNE E CON ÍL O MEU DEVEZO

ÓDIOME POR AMARTE

NON PODO LISCAR DAS COUSAS QUE FAS

QUERO LISCAR MAIS VOLTO A TI

É POR ISO ÓDIOME POR ENTANTO AMARTE

É DÍA, BOTEI A NOITE SEN TI

PRO ESTIVEN IMAXINANDO

SOBOR AS TÚAS TOMADAS

ESTOU POR ANOXARME POLO BÁRATRO

QUE FASME PASARE

EI, HOME

APOSTO QUE PODES TRATARME MELLOR

NON SABES O QUE TE PERDICHES ONTE A NOITADA

QUERO OLLARTE DEPRECÁNDOME

DICIR QUE ESQUECICHES SÓ POR DESPEITO

PENSO EN TI CADA NOITADA E DÍA

TÓMASTE O MEU CERNE E CON ÍL O MEU DEVEZO

ÓDIOME POR AMARTE

NON PODO LISCAR DAS COUSAS QUE FAS

QUERO LISCAR MAIS VOLTO A TI

É POR ISO QUE ÓDIOME POR AMARTE

PENSO EN TI CADA NOITADA E DÍA

TÓMASCHE MEU CERNE E CON ÍL O MEU DEVEZO

ÓDIOME POR AMARTE

Unha canción senlleira de Joan Jet, que berramos co noso esmendrellado, escarallado inglés, o balbordo, rebumbio do Rock, nuns minutos, intre de ÉXTASE musical, ideolóxico.

Nas táboas Joan, gromo Rock, nós.

Unha viaxe dende a cidade estado de A Crunha (GZ) ata Vitoria (E.H) no tren, saída do Orzán.

“I Love Rock ‘n’ Roll” – Joan Jett & the Blackhearts

ÁS 4: 30 da manhancinha, vieiro a estación de tren de A Crunha e chegada as 5 da tardinha a Vitoria, Joan Jet & The Blackhearts as 7 da tardinha.

Só iso, ollar , escoitar, roquear a Joan Jet, só iso.

Despois o festi segue, mais ninghuna cousa nos nosos miolos, adouramos A Deusa Joan, agora a rular pola cidade vasca e as 10 da manhá, tren de volta a Crunha, chegada as nove da noitecinha a cidade herculina.

FOTO CABECEIRA JOAN JET DA MAN DE https://www.mondosonoro.com/