Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
May be an image of 1 persoa e guitar
JEFF HANEMANN : “Il era SLAYER”.
Nun artigo escrito por Jon Wiederhorn pra Metal Hammer, o xornalista aborda a vida e carácter introvertido e especial dun dos xenios creadores mais importantes do metal: Jeff Hanemann.
Sen sorrir, cunha camisola neghra, pantalóns de camuflaxe e a súa faciana case cuberta polo seu pelo louro e suorento Jeff Hanemann tocaba posuído en cada concerto de Slayer.
Do seu estudo caseiro naceron alghúns dos mellores temas da banda coma Angel Of Death, Raining Blood, Chemical Warfare, South Of Heaven, Dead Skin Mask e War Ensemble, así coma escribindo a música pra dous temas ganhadores de premios Grammy, Eyes Of The Insane e Final Six.
Así e todo Hanemann fóra da música era unha persoa retraída. Así o definiu Kerry King: “Non lle importaba unha merda ser famoso, polo que endexamais entendeu por que alghuén quería falar con il. Il só quería facer o seu”.
Contan que Hanemann endexamais foi especialmente sociabel. Despois dos shows, ficaba detrás das taboas ata que a multitude íase. Non interesaballe asinar autógrafos ou facer entrevistas. Non só era apoucado, estaba case avergonhado polo medro do éxito dos Slayer.
Seica por iso, o seu abafallo por ser o centro de atención, valeulle a Jeff o respecto de moitos fanáticos do metal. Considerado por moitos coma un dos arquitectos do thrash, e un home que mantivo a Slayer encrespado coa intensidade do hardcore punk moito despois de que moitos dos seus contemporáneos volvéronse máis comerciais.
Pra moitos, Hanemann foi a Slayer, o que Cliff Burton foi a Metallica. Hai dúas etapas, antes e despois deles.
Jeff amaba aos animais, xogaba videoxogos, construía modelos e pasaba gran anaco do seu tempo ceive ollando fútbol american, hóqei e The History Channel. Tamén lle gostaba ler sobor a Segunda Guerra Mundial e sentíase atraído polo macabro. E sobor tódalas cousas amaba á súa moza Kathreen coa que casou posteriormente.
Kerry King comenta que il foi o membro da banda máis vindeiro a Jeff. Así e todo, endexamais foron grandes amigos e cando non había xira de cando en cando comunicábanse.
“Jeff e eu eramos coma socios comerciais.Era o meu amigo? Por suposto que era o meu amigo. Mais na realidade non actuamos así. Soa horribel, mais non foi horribel”.
O éxito de Reign In Blood e os álbums que seguiron, South Of Heaven de 1988 e Seasons In The Abyss de 1990, chamaron máis a atención sobor Slayer. Jeff era reconhecido en Os Ánxos e os seus arredores, mesmo cando só saía con amigos, algo que asanhaba ao guitarrista.
Slayer lanzou tres álbums máis ao longo da década de 1990, cada un dos cales situouse no Top 50 de EE. UU. O guitarrista mantívose en boa forma de composición pra God Hates Us All de 2001, Christ Illusion de 2006 e World Painted Blood de 2009….mais bebendo máis e máis e, a metade da década de 2000, chegara ao intre no que comezaba a beber alcol nada mais espertarse.
O consumo desmesurado de alcol que provocou o amoreamento do ácido úrico, o que empeorou un problema de artrite progresiva co que loitou en 2009 e 2010. Xa perdia velocidade e coordinación no xogo cando en xaneiro de 2011 a Jeff chantouno o que se cre que foi unha araña parda moi velenosa.
Pouco despois, desenvolveu a fascitis necrotizante da infección bacteriana “carnívora”, que rapidamente se estendeu polo seu brazo e converteuse nunha ameaza pra a súa vida. Os médicos puxérono en coma inducido e operárono pra evitar que a infección se estendese aos seus órganos vitais. Puideron salvarlle a vida e o brazo e, agardaba, a súa carreira. Despois de máis ciruxías, grampas e enxertos de pel, voltou o seu lar e tentou voltar ensaiar con Slayer….mais non se puido.
A derradeira aparición de Jeff con Slayer foi nun espectáculo do Big 4 en Indio, California, o 23 de abril de 2011, cando sobeu as taboas pra interpretar Angel Of Death e South Of Heaven.
Máis pra Jeff Hanneman, era todo ou nada. Cando se deu conta de que endexamais se recuperaría o suficiente coma pra voltar as taboas, deuse por vencido.
Tom Araya dixo a Guitar World: “Estaba no lar coa minha familia cando soou o teléfone, a minha muller respostou, e vin unha expresión de terror na súa faciana. Pasoume o teléfone e non dixo nada, era o noso xerente e díxomo. Pendurei o teléfone, fun o meu cuarto e chorei”.
10 anos despois da súa morte, Jeff Hanneman segue sendo un mito. As súas cancións e a súa atitude están profundamente arraigadas no ADN do metal.
Tom Araya: “Segundo tódolos informes, il era a banda. Estou abraiado de cantas persoas influenciadas por il. Apenas o conhecían, mais afectou a moita xente. E nin sequera deuse conta”.
RIP.
Jon Wiederhorn (Metal Hammer).
Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.
Foto cabeceira da man de https://www.peakpx.com/
PREME NA LIGAZÓM:

The Big 4 Festival – Anthrax, Megadeth, Slayer, Metallica @ Indio, California 2011.