• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 Javier Prado.

Moondogs Blues Party LAST SHOW
23-08-16 Café Lanzós, Betanzos

Foto por Brais G. Rouco.

Hoxe é un día ben triste, quedamos un pouco máis orfos coa perda dun gran músico, dun gran compositor, dunha referencia, pero por riba de todo, dunha persoa excepcional. Os que tivemos a sorte de coñecelo, de compartir unha conversa con el, un viño, unhas risas de complicidade xamáis poderemos olvidalo. Como olvidar esa fonda pegada que Fran deixaba con cada aperta, con cada xesto agarimoso que sempre desprendía ao falarche, con ese soriso que o enchía todo e esa mirada pícara de neno eterno.

FARO AROUSA Foto NARF cortesía de Faro de Vigo.

Oxalá que esta noite esteas alá, nese lugar onde sendo un rapaz soñaches e nos fixeches soñar a todos nós. Nunca te olvidaremos!

“Oín dicir que non ías andar máis por aquí
que querías voltar, voltar, voltar.

Pois non, meu irmán,
foi simplemente un momento de abatimento
pero xa tomei folgos…
Teño toda a forza pra loitar
teño cada noite pra soñar
e cada minuto pra lembrar
quen eu son
pra lembrar de onde eu son
Esta noite vou voltar ao lugar
onde sendo criança brinquei
esta noite vou voltar ao lugar
onde sendo un rapaz eu soñei
na braña grande, no val da Louriña
no patio da escola, nas vías da estación.”

Uxía e Narf – Esta Noite [HD]

Casa das Crechas – Santiago de Compostela – 5 de Novembro 2015.

Foto NARF portada cortesía de Faro de Vigo.